Síndrome de Fanconi

A síndrome de Fanconi é unha doenza do ril caracterizada por unha alteración dos túbulos proximais que fai que se eliminen pola urina cantidades excesivas de varias substancias: glucosa, fosfatos, bicarbonato e aminoácidos. O seu nome provén do pediatra suízo Guido Fanconi, e non ha de xerar confusión coa anemia de Fanconi, unha enfermidade hematolóxica.