Síndrome Kleine-Levin

A síndrome de Kleine-Levin consiste nunha hipersomnia recorrente asociada a trastornos alimentarios (hiperfaxia), sexuais (desinhibición sexual) e psíquicos.

Síndrome Kleine-Levin
Clasificación e recursos externos
ICD-10G47.8
ICD-9327.13
OMIM148840
DiseasesDB29520
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Características editar

A característica fundamental desta síndrome é que cursa en gromos e as súas formas incompletas son as máis frecuentes. Aparece en adolescentes de sexo masculino e a súa etioloxía é descoñecida. As hipóteses fisiopatolóxicas inclúen unha disfunción hipotalámica e anomalías no metabolismo da dopamina e a serotonina. Os síntomas clínicos recorrentes, unidos á idade de comezo e á existencia de factores infecciosos no seu inicio suxiren unha etioloxía autoinmune.

Describiuse unha variante no sexo feminino, que consiste nunha hipersomnia periódica asociada coa menstruación. Nos períodos asintomáticos, a vixilia e o comportamento dos pacientes son completamente normais. O diagnóstico é esencialmente clínico e os exames complementarios realízanse para descartar unha hipersomnia recorrente de causa orgánica (tumores do terceiro ventrículo, traumatismos craneoencefálicos, ictus) ou psíquica (neurose, depresión).