Sérgio Godinho

músico portugués

Sérgio Godinho, nado o 31 de agosto de 1945 no Porto, é un poeta, actor, compositor e intérprete de cancións portugués.

Sérgio Godinho
Nacemento31 de agosto de 1945
Lugar de nacementoPorto
NacionalidadePortugal
Ocupaciónpoeta, compositor, cantante, guionista, compositor de cancións e artista discográfico
PremiosOficial da Ordem da Liberdade
Na rede
IMDB: nm0324119 Allocine: 73607 Allmovie: p27365
Facebook: Sergio.Godinho.Oficial Musicbrainz: 208ec32e-f776-4b94-af14-ae97515d7863 Songkick: 12868 Discogs: 260429 Genius: Sergio-godinho Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Con máis de 30 anos de carreira, Sérgio Godinho é un dos grandes nomes da música portuguesa, caracterizado tamén pola súa figura polifacética que o fixo participar tamén en series de televisión, cinema, e mesmo teatro, tanto como dramaturgo, músico e realizador.

Aos 20 anos saíu de Portugal, para fuxir do recrutamento forzoso para a guerra colonial portuguesa na África. Permaneceu 9 anos afastado do país. A súa estadía máis demorada será en París, onde integrou durante dous anos o elenco do musical “Hair” e comezou a facer as súas primeiras músicas, tomando contacto con outros músicos portugueses no exilio, como José Mário Branco, José Afonso e Luís Cília. Pasou parte do exilio tamén en Ámsterdam, Brasil e Vancouver.

En 1971 colabora no primeiro álbum en solitario de José Mário Branco, Mudam-se os tempos mudam-se as vontades, e gravando nese mesmo ano en Francia o seu propio primeiro LP en solitario Os sobreviventes. Aínda do exilio data a gravación Pré-histórias (1972). Aínda que constantemente censurados, estes álbums conseguiron alcanzar a popularidade entre o público portugués no ano seguinte, chegando a ser mesmo premiado pola prensa como “Autor do ano” e Os Sobreviventes como “Disco do ano”.

Xa no Canadá, casou con Shila, compañeira na compañía de teatro The Living Theatre, estabelecéndose nunha comunidade hippie en Vancouver. Alí recibíu a nova da revolução dos cravos do 25 de abril, que o levou a regresar a Portugal. Xa en terras lusitanas, editou o álbum À queima-roupa (1974) cun enorme éxito, e percorreu o país actuando en manifestacións populares.

Desde entón até hoxe a súa carreira continúa, sendo autor dalgunhas das cancións máis aclamadas da historia da música portuguesa[Cómpre referencia], como "É terça-feira" e "Com um brilhozinho nos olhos".

Nos anos 90 participou no álbum de cancións e videoclips do Xabarín Club coa súa música "Pois é a Vida" cantada con acento galego.[1]

Discografía editar

Álbums orixinais editar

Álbums ao vivo editar

Recompilacións editar

Bandas sonoras editar

EPs editar

Sinxelos editar

  • Na Boca do lobo (Guilda da Música/Sassetti) (1975)
  • Liberdade (Guilda da Música/Sassetti) (1975)
  • Nós por cá todos bem (1977)

Colaboracións editar

DVD editar

Libros editar

Notas

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar