Sepíidos / Sépidos
Sepiidae

Sepia officinalis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Orde: Sepiida
Suborde: Sepiina
Familia: Sepiidae
Leach, 1817
Xéneros
  • Véxase o texto

Os sepíidos ou sépidos (Sepiidae, Leach, 1817) son unha familia de moluscos cefalópodos pertencente á orde dos Sepiida. As súas especies coñécense cos nomes de sepias, xibas ou chocos, entre outros.[1][2] Os dimuntivos chopiño e choquiño aplícanse a especies da familia dos sepiólidos (Sepiolidae), doutra orde irmá, a dos Sepiolida.

Cuncha interna de xiba.
Metasepia pfefferi, unha xiba velenosa para o home.
Sepia latimanus (coloración vermella).
Sepia latimanus (coloración branca).

Descrición editar

As sepias teñen o corpo ovalado e máis ou menos deprimido dorsoventralmente. O manto está rodeado por dúas expansións laterais a modo de aletas que abanean para moverse no seu ambiente. Das súas dez patas de decápodo, ou raxos,[3] equipadas con ventosas (ou botóns),[4] oito son brazos, de pequena lonxitude, e as outras dúas, moito máis longas e retráctiles, tentáculos rematados en senllas mazas ou paletas con moitas ventosas desiguais, utilizados na defensa e na reprodución.[2]

Este animais teñen os ollos cunha pupila moi desenvolvida, en forma de W.

Teñen unha gran capacidade para camuflarse xa que poden cambiar a súa cor dependendo da do fondo sobre o que están.

No interior do manto teñen unha ampla cuncha ovalada, a bolsa da tinta ou borra,[5] que expulsan cando se senten ameazados.

Os tamaños destes moluscos van desde os 5 cm dos chopiños máis pequenos, pasando polos 90 cm da sepia común (Sepia officinalis) até os 120 cm que miden as especies máis desenvolvidas.

Bioloxía editar

Os sepíidos aliméntanse de cangrexos, camaróns, pequenos peixes, vermes acuáticos, pequenos polbos e outros moluscos, e son xeralmente predados por golfinos, tiburóns, grandes peixes, focas e outras sepias.

En liberdade viven en xeral un ou dous anos.

Durante a reprodución, se un macho é rexeitado pola femia, ou escorrentado por outros machos dominantes, tende a copular, porán, asumindo a mesma coloración das femias, acercarse ás mesmas sen levantar sospeitas delas ou dos machos dominantes para, por sopresa, fecundar a unha.

Taxonomía editar

Segundo o World Register of Marine Species a familia comprende seis xéneros:[6]

Aínda quer outras clasificacións reducen es número a tres:[7]

Filoxenia editar

Este é un caldograma da familia, segundo Catalogue of Life:[7]

Sepiida 
 Sepiidae 

Metasepia

Sepia

Sepiella

Sepiadariidae

Notas editar

  1. Ríos Panisse (1977), pp. 80-84.)
  2. 2,0 2,1 Ramonell, Rosa (1986), pp. 144-149.
  3. Ríos Panisse (1977) pp. 84-85.
  4. Ríos Panise (1977), p. 87.
  5. Ríos Panisse (1977), p.86,
  6. Sepiidae Leach, 1817 en WoRMS.
  7. 7,0 7,1 Catalogue of Life:: 2011 Annual Checklist.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7154-506-3.
  • Ríos Panisse, Mª del Carmen (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertabrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.

Outros artigos editar