A sémola é a fariña granulada (pouco moída) que se obtén do trigo e doutros cereais e que se utiliza na preparación de sopas, masas etc.

Sémola nunha cunca.

A sémola obtense moendo o endosperma (albume farináceo) do trigo duro. A sémola granulosa obtense do trigo duro (Triticum durum), que presenta a cor amarela natural do gran. É a fariña ideal para elaborar masas.

Valor nutritivo editar

Ten un alto contido en glute se procede de trigo, centeo ou avea. En troques a de arroz non ten glute ningún, a non ser que na mesma fábrica se produza tamén outro tipo de sémola e esta remate contaminando de glute á de arroz.

Aplicacións editar

Coa sémola pódense preparar multitude de pratos salgados e doces coma o cuscús, a quenelle, pan e pasteliños de sémola, flans ou a pasta para facer lasaña.

Véxase tamén editar