O Sábado Santo (tamén coñecido como Sábado de Gloria ou sábado longo[1]) é o segundo día do Triduo Pascual, que conclúe coas segundas Vésperas do Domingo de Resurrección culminando así para os cristiáns a Semana Santa. Tras conmemorar o día anterior a morte de Cristo na Cruz, espérase o momento da Resurrección. É a conmemoración de Xesús no sepulcro e o seu Descenso ao Abismo. Unha vez anoiteceu, ten lugar a principal celebración cristiá do ano: a Vixilia Pascual.

Imaxe de A Pietà de Miguel Anxo que representa a Xesús descendido da Cruz nos brazos da súa Nai.

Notas editar

  1. Elixio Rivas Quintas (2001), s. v. sábado.