Ruy López de Segura

Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.

Ruy López de Segura, nado en Zafra contra o 1540 e finado en Madrid contra o 1580, foi un clérigo e xadrecista estremeño.

Ruy López de Segura
Nacemento1530
Lugar de nacementoZafra
Falecemento1580
Lugar de falecementoLima
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónxadrecista, sacerdote católico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Partida de xadrez entre López de Segura e Da Cutri na corte española, por Luigi Mussini (1886).

Rodrigo López de Segura naceu nunha familia acomodada. Os seus pais eran mercadores, con casa e escudo na Praza Grande da localidade. Foi clérigo da parroquia da Candelaria en Zafra, e máis tarde pasou á corte de Filipe II, en condición de confesor e conselleiro real. Foi considerado campión do mundo polo menos entre 1570 e 1575, cando foi derrotado por Leonardo dá Cutri.

Desde mozo Ruy López foi un namorado do xadrez. Ao parecer un dos que máis influíu nel foi Damiano, quen en 1512 publicara o libro Questo Libro e da Imparare Giocare a Scachi: Et de Belitissimi Partiti, que López estudou.[1] En 1560 chegou a Roma por asuntos eclesiásticos e alí derrotou os mellores xadrecistas italianos. Repetiu a súa fazaña en 1573 durante o pontificado de Gregorio XIII, época na que Italia era o máis importante centro xadrecístico de Europa, especialmente Roma.

Moitos historiadores do xadrez considérano como o primeiro campión do mundo rexistrado en Europa e como creador da teoría do xadrez.[1] Tamén é destacable que practicou con éxito a modalidade do xadrez á cegas. O rei Filipe II colmouno de honras pola súa fama no xadrez. En 1575, Filipe II invitouno a un torneo na súa corte e así reuníronse en Madrid os dous mellores xadrecistas italianos da súa época, Leonardo da Cutri e Paolo Boi, alcumado o Siracusano, xunto cos españois Ruy López e Afonso Cerón, de Granada. Esta proba é cualificada polos historiadores como o primeiro Torneo Internacional de Mestres e a primeira en ser documentada. O torneo gañouno Leonardo da Cutri, quen recibiu como premio mil ducados, unha capa de armiño e o seu lugar de nacemento, durante vinte anos, estivo exento de pagar tributos. Filipe II enviou as súas felicitacións a Xoán de Austria nunha carta datada o 22 de agosto de 1575.

Como exemplo verase a continuación unha partida que, a criterio de moitos, é a primeira vez que se xoga un Gambito de rei.

Partidas xogadas por Ruy López editar

Apertura Ruy López ou española[2] editar

 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Apertura Ruy López ou española. Movementos: 1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 ECO: C60-C99

Os seus estudos sobre a Apertura Ruy López (chamada tamén española) foron fundamentais para o progreso do xogo. O tratado de xadrez do zafrense foi obxecto de numerosos estudos e considerouse como base fundamental da teoría xadrecística. A súa apertura segue vixente aínda e foi analizada e posta a proba na práctica do xadrez moderno polos máis grandes mestres. Aparece no seu tratado como Apertura IX.

Formulación da Apertura Ruy López:

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5

Apertura: Gambito de rei rexeitado[3] editar

Coas brancas, Rodrigo Ruy López de Segura; coas negras, Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri.


 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Apertura Gambito de rei rexeitado, despois de 2. ... - d6
 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Situación posterior a 5. ... - dxe5??

1. e4 - e5 2. f4 - d6, (véxase o taboleiro á esquerda) a Leonardo foille conveniente aceptar o sacrificio de peón con 2. ... - exf4. Outra xogada boa éralle tamén 2. ... - d5. Ao non aceptar nin contraatacar acomodouse defendendo o peón atacado a esperas da iniciativa do de Zafra. 3. Bc4 - c6 4. Cf3 - Bg4 5. fxe5 - dxe5??, (poden ver a posición no taboleiro da dereita), aínda agora éralle o mellor movemento 5. ... - d5, ao querer recuperar o peón o máis pronto posible, desencadea un sacrificio do estremeño, que gaña a partida, materializando a vantaxe en moi poucas xogadas. 6. Bxf7+!!, este sacrificio foi un investimento seguro, xa que colleu un peón e fai mover o rei para despois responder con movementos que recuperan moito máis do antes sacrificado. 6. ... - Rxf7?, non coller o bispo deulle máis poderío de resistencia, pero a partida estaba xa perdida. 7. Cxe5+!, 7. ... - Re8?, o rei tiña mellores sitios a onde ir, indo cara a atrás, facilitoulle aínda máis o traballo. 8. Dxg4!, sumar efectivos cando se ataca é importante, novos efectivos, novas ameazas. 8. ... - Cf6??, último fallo de Leonardo na partida. 9. De6+!! - De7 10. Dc8+ - Dd8 11. Dxd8 + - Rxd8 12. Cf7+, e as brancas gañaron.

Apertura: Cabalo de rei[4] editar

Coas brancas, Rodrigo Ruy López de Segura; coas Negras, Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri.


 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Apertura Cabalo de rei, despois de 2. Cf3
 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Posción posterior a 9. ... - Cxd5

1. e4 - e5 2. Cf3 - f6?, Leonardo proba defender doutro xeito o peón atacado. 3. Cxe5! Leonardo optou por castigar o sacrificio aceptándoo. 3. ... - fxe5?? Seríalle mellor non aceptar o cabalo e xogar 3. ... - De7 poñendo unha contratrampa para que se agora Ruy López quixese dar un xaque coa Dama, ou sexa 4. Dh5+ - g6 para sacrificar o cabalo con 5. Cxg6, Leonardo puidese contestar con 5. ... - Dxe4+ e 6. Be2 - Dxg6, gañando efectivamente o cabalo. A 3. ... - De7 aconséllase contestar con 4. Cc4, as brancas perderán o peón que gañaran provisoriamente, pero a súa vantaxe queda ampla ao gañar velocidade no desenvolvemento. 4.Dh5+ - g6 4. ... - Re7 Era peor elección, porque seguirían os movementos 5. Dxe5+ - Rf7 6. Bc4+ - d5 (se 6. ... - Rg6 entón 7. Df5+ - Rh6 8. h4 - De7 9. d3+ e as brancas gañan doado) 7. Bxd5+ - Rg6 8.h4 - h5 9. Bxb7+ e gaña, nótese que o bispo non se pode coller 9. ... - Bxb7 porque entón daría a dama xaque con 10. Df5+ - Rh6 11. d4+ - g5 12. Df7!! con mate en poucos movementos máis. 5. Dxe5+ - De7 6. Dxh8 - Cf6? 6. ... - Dxe4+ ten pinta de pouquiño mellor. 7. d4 a Ruy López 7. Cc3 ou 7. d3 tamén lle serían bos movementos. 7. ... - Rf7? Leonardo non quixo coller o peón con 7. ... - Cxe4. 8. Bc4+? 8. e5 ampliaba maior vantaxe 8. ... - d5 9. Bxd5+ - Cxd5 e as brancas gañaron.

Apertura: Defensa Philidor[4] editar

Coas brancas, Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri; coas negras, Rodrigo Ruy López de Segura.


 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Defensa Philidor logo de 2. ... - d6
 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Última posición coñecida logo de 10. b4

1. e4 - e5 2. Cf3 - d6 3. Bc4 - f5?, este movemento sópralle moito vento en popa ás brancas. Son mellores 3. ...- Cc6 e 3. ... - Be7, as dúas variantes principais na actualidade. 4. d3, 4. d4! ten moita agresividade, por poñer un exemplo: 4. ... - fxe4 5. Cxe5! - dxe5 6. Dh5+ - Rd7 7. Bxg8 - Bb4+ 8. c3 - Dxg8 9. cxb4 - exd4 10. 0-0 e brancas vanse divertir. 4. ... - Be7 5. De2, 5. Cc3 é unha xogada un pouquiño máis fina, xa que aínda non se sabe cal vai ser o mellor sitio para a dama. 5. ... - c6 5. Cc6 faríalle bos servizos. 6. h3, as brancas perden velocidade voluntariamente, 6. Cc3 era outra vez o normal. 6. ... - f4, mellor 6. Cf6. 7. g3?, regala toda a vantaxe obtida na apertura e a situación vaise igualando, 7.d4 ou 7. 0-0 faríanlle máis presión ás negras. 7. ... - fxg3 8. fxg3 - Dc7? Ruy López subestimou 9. Cg5 - Bxg5 10. Bxg5 con vantaxe novo para as brancas, ou tamén 9. ... - Cf6 10. Bf7+ - Rf8. 9. Cc3? devolve o favor, e deixa que a posición se vaia igualando outra vez. 9. ... - Cf6? volve a subestimar 10. Cg5, lle era mellor xogar antes 9. ... - b5 10. Bb3 - b4. 10. b4? volve ao de costume non querendo facer o movemento 10. Cg5. Con 10. b4? debilitáronse as brancas tanto, que agora xa son as negras as que gustan, continuando con 10. ... - d5. Anotouse que a partida a gañou Leonardo, pero descoñécese como seguiu.

Apertura: Italiana (variante pechada)[5] editar

Coas brancas, Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri; coas negras, Rodrigo Ruy López de Segura.


 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Apertura Italiana, despois de 3. ...- Bc5
 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Posición logo de 10. Cbd2

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bc4 - Bc5, (véxase o taboleiro esquerdo). 4. c3, aínda hoxe a que máis se xoga das variantes principais na apertura italiana. 4. ... - De7, na actualidade prefírese xogar 4. ... - Cf6 o cal é ao mesmo tempo o movemento que máis se xogou nesta variante ata agora. 5. b4, 5. d4!? é tacticamente unha liña de xogo moi interesante. Pero nada que obxectar a don Giovanni, o seu movemento foi moi bo. 5. ... - Bb6 6. a4 - a6 7. Ba3 nesta posición aconséllase 7. d3 para ocultar onde vai parar o bispo. 7. ... - d6 8. d3 - Cf6 9. De2 - Bg4 as negras equilibraron o xogo e sen facer fallos non debería haber ningunha preocupación. 10. Cbd2, é unha pena que non se saiba de como seguiu a partida, sexa como fose, se ten historicamente rexistrado que Leonardo gañou esta partida. O procedemento desta partida, ou sexa, dos movementos que coñecemos, é de alto nivel por parte de ambos xogadores.

Obra editar

Emulando a Damiano escribiu o Libro de la invención liberal y arte del juego del ajedrez, muy útil y provechosa para los que de nuevo quisieren depreder a jugarlo, como para los que ya lo saben jugar, publicado en Alcalá de Henares en 1561. Foi un dos primeiros libros de xadrez publicados en Europa, e traducido a diversas linguas. Despois publicou Grammaticae Institutiones (Lisboa, 1563)[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ni Beth Harmon ni Netflix: el origen del gambito está en Zafra, Extremadura". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 2020-12-30. 
  2. Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C60-C99
  3. Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C30
  4. 4,0 4,1 Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C40
  5. Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C53

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar