Rupicapra rupicapra

especie de mamífero da subfamilia dos caprinos

Rupicapra rupicapra, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos,[2] unha das dúas que integran hoxe o xénero Rupicapra, que poderiamos denominar rebezo setentrional,[3] para non confundir coa outra especie, Rupicapra pyrenaica, o rebezo dos Pireneos ou rebezo propiamente dito.

Rupicapra rupicapra

Rupicapra rupicapra no zoo de Salzburgo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Caprinae
Xénero: Rupicapra
Especie: R. rupicapra
Nome binomial
Rupicapra rupicapra
(Linnaeus, 1758)
Distribución de Rupicapra rupicapra no 2008. En amarelo, lugares onde se reintroduciu. (Exclúense as poboacións introducidas na Arxentina e en Nova Zelandia).[1]
Distribución de Rupicapra rupicapra no 2008.
En amarelo, lugares onde se reintroduciu.
(Exclúense as poboacións introducidas na Arxentina e en Nova Zelandia).[1]

Distribución de Rupicapra rupicapra no 2008.
En amarelo, lugares onde se reintroduciu.
(Exclúense as poboacións introducidas na Arxentina e en Nova Zelandia).[1]
Subespecies
Véxase o texto

Esta especie introduciuse na República Checa, nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como na illa sur de Nova Zelandia e na Arxentina.

Algunhas das súas subespecies están estritamente protexidas na UE pola Directiva Europea de hábitats.[4]

Durante moito tempo a maioría dos autores clasificaron a todos os individuos do xénero Rupicapra na especie Rupicapra rupicapra, pero algúns consideraban, desde hai moitos anos, aos integrantes das subespecies das montañas do sur de Europa, como os Pireneos, a cordilleira Cantábrica e os Apeninos, como unha especie á parte, Rupicapra pyrenaica, o que a día de hoxe está xa aceptado pola comunidade científica internacional.[5]

Características editar

Aspecto xeral editar

Aparencia similar á dunha cabra, con manchas cololreadas de gran contraste na cabeza; o pescozo é relativamente longo, sen barbas, pero cunha longa crina no colo e no lombo. Os cornos, presentes en ambos os sexos, son finos, dirixidos primeiro cara a arriba e despois curvados cara a atrás, algo máis curvados nos machos cá nas femias.[6][7]

Dimensións editar

É moi semellante a Rupricapra pyrenaica, pero máis pesado. A súa lonxitude é de entre os 110 e os 130 cm (aos que hai que engadir de 3 a 4 cm da cola); a altura na cruz é de 70 a 80 cm, e o peso de 30 a 50 kg (noa machos) e de 25 a 42 kg (nas femias).[6][7]

Coloración editar

En verán, a capa é de cor amarela pálida ou parda amarelada clara, cunha franxa ondulada máis escura. No inverno é de cor parda escura, co debuxo ben visíbel. As partes ventrais sempre son algo máis claras có resto da pelaxe.[6][7]

Hábitat e distribución editar

Hábitat editar

Orixinariamente moi restrixido aos bosques, especialmente en montañas de ladeiras moi pendentes e rochosas; bosques caducifolios ou de coníferas, e bosques mixtos. Porén, frecuenta tamén terreos rochosos por riba do límite dos bosques (especialmente polo verán.[6][7]

Distribución editar

Vive nas cadeas montañosas da Europa central e meridional, Cáucaso e Asia Menor. Foi introducido nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como en Nova Zelandia,[7] na República Checa e na Arxentina.[1]

Bioloxía editar

Costumes editar

É sobre todo un animal diúrno, raramente activo durante a noite. Descansa no mediodía, especialmente nos días caloros do verán. Forma pequenos rabaños compostos polas femias, as súas crías e individuos xuvenía de ambos os sexos, guiados por unha femia vella. En outono e onverno os grupos son máis numerosos (incluso chegan a estaren formados por máis de cen individuos). Os machos son solitarios, especialmente no verán, ou viven reunidos en pequenos grupos; reúnense coas femias na época de celo.[6][7]

Moi áxiles, marchan con paso regular, ao galope, raramente ao trote; saltan e gabean moi ben polas rochas. nadan, aínda que so o fan cando é necesario. Teñen un bo sentido da vista. Cando senten algún perigo emiten unha especie de asubío o dos machos, máis rouco); tamén producen un bear tremoroso, semellante ao das cabras domésticas, especialmente os xuvenís, e as femias chamando ás súas crías. Na época de celo os mechos tamén emiten un son rouco e gutural.[6][7]

Alimentación editar

Aliméntanse de gramíneas, outras plantas herbáceas, follas, gromos, musgos, liques, cascas de árbores e arbustos e arumes de coníferas.[7]

Reprodución editar

O apareamento prodúcese desde outubro até decembro. A xestación dura uns 6 meses. Os partos ocorren entre maio e xuño. As femias paren xeralmente unha soa cría, que xa pode seguir á nai pouco despois de nacer. A cría é aleitada durante seis meses, pasados os cales independízase. Alcanzan a madurez sexual aos tres anos. A súa esperanza de vida é de 15 a 20 anos.[7]

Inimigos editar

Os principais depredadores desta especie son o lince e o lobo; para os animais novos e débiles tamén a aguia real, o quebraosos, o corvo carnazal, o oso pardo e o raposo común. Así mesmo, sofre a caza por parte do home.[7]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1758 polo naturalista sueco Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Capra rupicapra.[2] Posteriormente, despois de que en 1816 o naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville creara o xénero Rupicapra, foi reclasificada neste xénero.

Etimoloxía editar

Véxase a etimpoloxía e Rupicapra

Subespecies editar

Segundo o Mammal Species of the World, na especie Rupricapra rupicapra recoñécense na acualidade as subespecies seguintes:[2]

Rupicapra rupicapra (Linnaeus, 1748)

Porén, algúns autores consideran algunha máis: dúas, no NCBI e máis na EOL:[9][10]

Ou unha, na UICN:[1]

  • Rupicapra rupicapra cartusiana

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Aulagnier, S.; Giannatos, G. & Herrero, J. (2008): Rupicapra rupicapra na Lista vermella da UICN.
  2. 2,0 2,1 2,2 Rupicapra rupicapra no MSW.
  3. Adaptación do inglés Northern Chamois.
  4. "Directive 92/43/EEC of 21 May 1992 on the conservation of natural habitats and of wild fauna and flora".
  5. Grubb, P. (2005): "Order Arthiodactila" en: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. pp. 711–712. ISBN 978-0-8018-8221-0.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971), p. 172.
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987), pp. 234-235.
  8. 8,0 8,1 Mineral Supply and Fertility of Chamois
  9. Rupicapra rupicapra no NCBI.
  10. 10,0 10,1 10,2 Rupicapra rupicapra na EOL.
  11. Alekperov, Kh. M.; Yerofeyeva, S. N. & Rakhmatulina, I. K. (1976): Contemporary status of certain selected species of mammals in Azerbaijan. Rare Mammals of the USSR Fauna, pp. 35-42. Naukahukotka, Moscow, Russia.
  12. Durov, V. V. (1977): "Distribution and numbers of the chamois population in the north-west Caucasus". Rare species of mammals and their protection, pp. 205-206. Nauka, Moscow, Russia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Nowak, R. M., ed. (1991): Walker's Mammals of the World (Fifth Edition). Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Pérez, T.; J. Albornoz & A. Domínguez (2002): "Phylogeography of chamois (Rupicapra spp.) inferred from microsatellites". Molecular Phylogenetics and Evolution 25 (3): 524-534.
  • Shackleton, D. M., ed. & IUCN/SSC Caprinae Specialist Group (1997): Wild Sheep and Goats and their Relatives. Status Survey and Action Plan for Caprinae. IUCN: Gland, Switzerland & Cambridge, UK. ISBN 978-2-8317-0353-0.
  • Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987): Guía de los mamíferos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0784-4.
  • Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971): Guía de campo de los mamíferos salvajes de Europa occidental. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Walther, F. R. (1990): "Chamois (Genus Rupicapra). In Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Edited by S. P. Parker. Nova York: McGraw-Hill. Volume 5, pp. 495–497.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar