Rupia de Sri Lanka

moeda oficial de Sri Lanka
Rupia de Sri Lanka
රුපියල (cingalés)
இலங்கை ரூபாய் (támil)
Código:LKR
Ámbito: Sri Lanka
Símbolo:Rs, ₨ ou SLRs.
Fracción:100 céntimos
Moedas:1, 2, 5, 10, 25, 50 céntimos
1, 2, 5 e 10 rupias
Billetes:10, 20, 50, 100, 500, 1.000, e 2.000 rupias
Emisor:Banco Central de Sri Lanka
Taxa de troco:
15-04-2010
1 EUR = 154,5455 LKR
1 USD = 113,9 LKR
Troco actual

A rupia (en cingalés: රුපියල, e en támil: ரூபாய்) é a moeda oficial de Sri Lanka. Divídese en 100 céntimos, e o seu código ISO 4217 é LKR. A institución encargada de emitir a rupia é o Banco Central de Sri Lanka (en cingalés ශ්‍රී ලංකා මහ බැංකුව Šrī Lankā Maha Bankuva, en támil இலங்கை மத்திய வங்கி Ilankai Mattiya Vanki e en inglés Central Bank of Sri Lanka). A súa abreviatura é Rs. ou ₨, aínda que tamén pode atoparse a abreviatura SLRs para diferenciarse doutras rupias.

Historia editar

 
Antigas moedas coloniais de Ceilán

En 1825, Ceilán adoptou a libra esterlina para substituír o rixdólar cingalés cunha taxa de troco de 1 GBP = 13⅓ rixdólares. En 1827 o Tesouro emitiu billetes denominados en libras, para substituír os primeiros billetes denominados en rixdólares. En xuño de 1831 os billetes do rixdólar que non se trocaran a libras quedaron desmonetizados.

O 26 de setembro de 1836, Ceilán baseou a súa moeda na rupia india. Os billetes denominados en libras seguiron circulando ata 1836 xunto coa rupia. A unidade monetaria seguía sendo a libra, polo que as cantidades eran denominadas en libras, xilins e peniques. Porén, os pagos realizábanse en rupias e annas baseándose nun arredondamento non oficial de 2 xilins por rupia.

En 1844 o Banco de Ceilán foi a primeira institución privada en emitir billetes na illa. Posteriormente en 1856 os billetes do Tesouro foron retirados da circulación. O 18 de xuño de 1869 a rupia da India estableceuse formalmente como a moeda oficial. O 23 de agosto de 1871, a rupia decimalizouse. Deste xeito, a rupia dividida en 100 céntimos fíxose efectiva o 1 de xaneiro de 1872, substituíndo á moeda británica cunha taxa de troco de 1 rupia = 2 xilins con 3 peniques.

Moedas editar

En 1872 introducíronse as primeiras moedas cuñadas en cobre e datadas en 1870 en denominacións de ¼, ½, 1 e 5 céntimos, seguidas das denominacións de 10, 25 e 50 céntimos de prata. En 1904 a produción de moedas de ¼ céntimo cesou, e en 1909 a moeda de 5 céntimos cuñouse en cuproníquel e o seu tamaño viuse reducido. En 1919, a cantidade de prata empregada reduciuse de 800 a 550 milésimas.

Entre 1940 e 1944 levouse a cabo unha reforma completa do sistema monetario. A fabricación de moedas de ½ céntimo cesou e introducíronse denominacións de 1 céntimo de bronce en 1942. O latón substituíu o níquel nas moedas de 5 céntimos o mesmo ano e substituíuse a prata das moedas de 25 e 50 céntimos en 1943.

En 1963 introduciuse unha nova serie de moedas na que se eliminaron os retratos dos monarcas británicos. As moedas cuñadas foron de 1 e 2 céntimos de aluminio, 5 e 10 céntimos de latón, e 25, 50 céntimos e 1 rupia de cuproníquel. En 1978, o aluminio substituíu o cuproníquel das moedas de 5 e 10 céntimos. Ademais, en 1984 engadíronse as moedas de 2 rupias de bronce-aluminio e 5 rupias.

 
Moedas fraccionarias de rupia

Dende 1963 tódolos reversos levan o escudo de armas de Sri Lanka, e as denominacións están escritas en cingalés, támil e inglés. O 14 de decembro de 2005, o Banco de Sri Lanka emitiu unha nova serie de moedas en denominacións de 25 e 50 céntimos cuñadas en cobre con núcleo de aceiro, 1 e 5 rupias de latón con núcleo de aceiro e 1 rupia de níquel con núcleo de aceiro. As antigas moedas e denominacións máis baixas non son moi usuais, aínda que seguen sendo de curso legal.

Denominación Emisión Metal Canto Diámetro
(mm.)
Peso
(gr.)
Grosor
(mm.)
Anverso Reverso
25 Céntimos 2005- Cu+Zn 16,00 1,68 1,20 Escudo de armas 25 - TWENTY FIVE CENTS - ano de cuñaxe
50 Céntimos 2005 Cu+Zn 18,00 2,50 1,40 Escudo de armas 50 - FIFTY CENTS - ano de cuñaxe
1 Rupia 2005 Cu+Ni+Zn 20,00 3,65 1,70 Escudo de armas ONE RUPEE - ano de cuñaxe
2 Rupias 2005 Cu+Ni 28,50 7,00 1,50 Escudo de armas 2 TWO RUPEES - ano de cuñaxe
5 Rupias 2005 Cu+Ni+Zn 23,50 7,70 2,70 Escudo de armas 5 FIVE RUPEES - ano de cuñaxe

Billetes editar

En 1895, o goberno de Ceilán introduciu por primeira vez billetes de 5 rupias, ás que seguiron denominacións de 10 rupias un ano máis tarde, 1.000 rupias en 1899, 50 rupias en 1914, 1 e 2 rupias en 1917, e 100 e 500 rupias en 1926. En 1942 introducíronse emisións de emerxencia de 5, 10, 25 e 50 céntimos que duraron ata 1949.

En 1951, o Banco Central de Ceilán asumiu as competencias de emisión de cartos, e introduciu billetes de 1 e 10 rupias, seguidas en 1952 por billetes de 2, 5, 50 e 100 rupias. Os billetes de 1 rupia foron substituídos por moedas en 1963.

Dende 1977, os billetes son emitidos polo Banco Central de Sri Lanka. En 1979 introducíronse billetes de 20 rupias, seguidos das denominacións de 500 e 1.000 rupias en 1981, 200 rupias en 1998 e 2.000 rupias en 2006. Tódolos billetes cingaleses están impresos de xeito vertical.

Denominación Cor predominante Descrición do anverso Descrición do reverso
10 Rupias Verde Templo do Dente de Buda - 10 - Ten Rupees - Central Bank of Sri Lanka Estupa - 10 - Ten Rupees - Central Bank of Sri Lanka
20 Rupias Violeta Pedra lunar (Sandakada pahana) do templo de Polonnaruwa Vatadage - 20 - Twenty Rupees - Central Bank of Sri Lanka Estupa - 20 - Twentyn Rupees - Central Bank of Sri Lanka
50 Rupias Azul Templo Raja Maha Vihare - 50 - Fifty Rupees - Central Bank of Sri Lanka Ruínas - 50 - Fifty Rupees - Central Bank of Sri Lanka
100 Rupias Laranxa Vasilla - 100 - One Hundred Rupees - Central Bank of Sri Lanka Recolectoras de - Loros - 100 - One Hundred Rupees - Central Bank of Sri Lanka
500 Rupias Salmón/Rosa Tamborileiros - 500 - Five Hundred Rupees - Central Bank of Sri Lanka Orquídeas - 500 - Five Hundred Rupees - Central Bank of Sri Lanka
1.000 Rupias Verde/Azul Elefante - 1000 - One Thousand Rupees - Central Bank of Sri Lanka Pavo real - Templo do Dente de Buda - 1000 - One Thousand Rupees - Central Bank of Sri Lanka
2.000 Rupias Vermello/Marrón Sigiriya - 2000 - Two Thousand Rupees - Central Bank of Sri Lanka Fresco de Sigiriya - Templo do Dente de Buda - 2000 - Two Thousand Rupees - Central Bank of Sri Lanka