O Rupeliano[1] é, na escala temporal xeolóxica, a idade máis antiga dos dous pisos do Oligoceno. Esténdese no tempo entre os 33,9 e os 28,1 millóns de anos dende o presente. O Rupeliano está precedido polo Priaboniano e é seguido polo Chattiano.

Nome editar

A idade leva o nome do pequeno río Rupel de Bélxica, un afluente do Escalda. O Grupo Rupel belga deriva o seu nome da mesma fonte. O nome Rupeliano foi introducido na literatura científica polo xeólogo belga André Hubert Dumont en 1850. A separación entre o grupo e a idade fíxose na segunda metade do século XX, cando estratígrafos viron a necesidade de distinguir entre os nomes da litoestratigráfica e cronoestratigrafía.

Definición estratigráfica editar

A base do Rupeliano, e tamén a do Oligoceno está na extinción do xénero Hantkenina (que é tamén a base de biozona de foraniniferas p21E). No 2009 aínda non se estableceu un piso GSSP oficial para o Chattiano.

A parte superior do piso Rupeliano (que é a base da etapa Chattiana) está a extinción do xénero Chiloguembelina (que forma a base da biozona foram P21b).

O Rupeliano é coetáneo con etapas utilizadas rexionalmente para as zonas de Mamíferos do Paleóxeno entre a 21 e 24, e parte da 25.[2]

Notas editar

  1. Entrada Rupeliano en Digalego
  2. Alroy, John. "Mammal Paleogene zones". p. The Paleobiology Database. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2009.