Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín

parroquia civil do concello de Calvos de Randín

Santiago de Rubiás dos Mixtos é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 162 habitantes (85 homes e 77 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.

Rubiás dos Mixtos
Igrexa parroquial
ConcelloCalvos de Randín[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°54′32″N 7°49′34″O / 41.909, -7.826Coordenadas: 41°54′32″N 7°49′34″O / 41.909, -7.826
Poboación109 hab. (2017)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

A parroquia de Rubiás dos Mixtos xunto co lugar das Maus da parroquia de Tosende no concello de Baltar, conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

Historia editar

 
Rubiás no mapa do bispado de Ourense de 1763.
 
Rubiás dos Mixtos no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1849).[2]

En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, o Couto Mixto foi incorporado ó concello de Baltar.[3] O lugar de Meaus integrouse na parroquia de Tosende, mais os lugares de Rubiás e Santiago pediron ser integrados no concello de Calvos de Randín, solicitude que foi aprobada pola Deputación de Ourense en 1870 e se fixo vixente o ano seguinte, constituíndo a parroquia de Rubiás dos Mixtos.[4]

Eclesiasticamente xa existía, aparecendo así no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz en 1849[2] ou no Censo de Ensenada de 1752.[5] De feito, cando se crearon os concellos en 1836, Santiago de Rubiás xa foi incluída no concello de Calvos de Randín.[6]

No ano 1985, a Xunta de Galicia estabeleceu «Rubiás dos Mistos» como forma oficial do topónimo. En troques, dez anos despois determinou que o nome oficial da parroquia fose «Rubiás dos Mixtos».[7]

Demografía editar

No reconto de 1571, levado a cabo para o repartimento pola Coroa de Castela dos mouriscos expulsados de Granada, consta Rubiás con 48 veciños.[8] Os lugares de Rubiás e Santiago aparecen separados no Censo dos Bispos de 1587 sumando 95 veciños (35 e 60).[9] Xa no Censo de Ensenada de 1752 a parroquia ten 172 veciños.[5]

No Diccionario geográfico universal (1833) Rubiás e Santiago figuran con 415 e 612 habitantes respectivamente (1027 en total)[10] mentres no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (1849) atribúeselle á parroquia 300 veciños e 1500 habitantes.[2]

Século XIX-XX editar

1887[11] 1900[12] 1910[12] 1920[12] 1930[12] 1940[12] 1950[12] 1960[12] 1970[12] 1981[12] 1986[13] 1991[12] 1999[14] 2000[15]
Habitantes 671 753 684 759 638 607 570 440 338 240 232 265 182 184

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI editar

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
183 183 188 185 185 176 162 162 162 162
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
174 149 142 140 124 119 109
Fonte: IGE (padrón municipal)[16]
Gráfica de evolución demográfica de Rubiás dos Mixtos entre 1887 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Rubiás dos Mixtos editar

Lugares da parroquia de Rubiás dos Mixtos no concello de Calvos de Randín (Ourense)

Rubiás | Santiago

Parroquias de Calvos de Randín editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Calvos de Randín

Calvos (Santiago) | Castelaus (San Martiño) | Feás (San Miguel) | Golpellás (San Xoán) | Lobás (San Vicente) | Randín (San Xoán) | Rioseco (Santa Mariña) | Rubiás dos Mixtos (Santiago) | Vila (Santa María)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. 2,0 2,1 2,2 Madoz, Pascual (1849). Rubiás (Santiago). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XIII (Madrid). p. 585. 
  3. García Mañá, Luís Manuel (xullo/decembro 2001). "Couto Mixto, unha república esquecida". IGADI. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2012. Consultado o 4-6-2016. 
  4. "Couto Mixto". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 2002. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 174. ISBN 978-84-260-2716-0. 
  6. Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Fundación Barrié. p. 132. ISBN 978-84-87819-06-3. 
  7. "DECRETO 128/1995, do 20 de abril, polo que se modifica parcialmente o Decreto 232/1985, do 31 de outubro, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias que se relacionan". Diario Oficial de Galicia (Xunta de Galicia) (92): 3588. Luns, 15 de maio de 1995. 
  8. González Muñoz, M.ª del Carmen (1982). Galicia en 1571: Población y economía (en castelán). Sada: Ediciós do Castro. pp. 220, 293. ISBN 84-7492-151-1. 
  9. González, Tomás (1829). Censo de poblacion de las provincias y partidos de la corona de Castilla en el siglo XVI (en castelán). Madrid. p. 275.  «Sta. María de Rubiás» e «Santiago de Rubiás».
  10. Rubias (Santa Maria de), Rubias de los Mistos (Santiago de). Diccionario geográfico universal (en castelán) VIII (Barcelona). 1833. p. 351. 
  11. "Provincia de Orense". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). VI: Orense á Pontevedra. Madrid. 1893. p. 20. 
  12. 12,00 12,01 12,02 12,03 12,04 12,05 12,06 12,07 12,08 12,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 238. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  13. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 95. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  14. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2019. 
  15. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2019. 
  16. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2003" (XLS) ; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2006" (XLS) ; "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 ; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019  e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 13 de xaneiro de 2019 . Instituto Galego de Estatística (IGE).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar