Royal Ivey

baloncestista estadounidense

Royal Terence Ivey, nado o 20 de decembro de 1981 en Harlem, Nova York, é un ex xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente é adestrador asistente dos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).

Royal Ivey
Posición Escolta / Base
Dorsal 36, 12, 11, 7
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Nacemento 20 de decembro de 1981 (42 anos)
Harlem, Nova York
Carreira
Instituto Benjamin N. Cardozo
(Queens, Nova York)
Blair Academy
(Blairstown, New Jersey)
Universidade Texas (2000–2004)
NBA Draft 2004 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por Atlanta Hawks
Tempadas 20042014
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     1 641 (3,3 pp)
Rebotes     557 (1,1 pp)
Asistencias     501 (1,0 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable
Adestrador

Traxectoria editar

Comezou a xogar na escola superior de Cardozo en Queens, Nova York. Logo diso xogou na Universidade de Texas en Austin. No Draft da NBA de 2004 foi elixido polos Atlanta Hawks na segunda rolda, no posto 37. O seu primeiro ano fixo 3,5 puntos en 62 xogos polos Hawks. Despois foi traspasado a Milwaukee Bucks e a Philadelphia 76ers.

En febreiro de 2010 volveu a Milwaukee Bucks xunto con Primož Brezec a cambio de Francisco Elson e Jodie Meeks.[1] Poucos meses despois, o 21 de xullo, asinou cos Oklahoma City Thunder.[2] Chegou cos Thunder ás Finais da NBA en 2012, pero perderon contra os Miami Heat.

O 27 de xullo de 2012, Ivey fichou outra vez cos Sixers.[3]

O 30 de setembro de 2013, asinou cos Atlanta Hawks,[4] pero foi cortado o 25 de outubro.[5]

Notas editar

  1. Sixers Complete Four Player Trade with Milwaukee - 2/18/2010
  2. "Thunder sign free agent Royal Ivey". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  3. Sixers Sign Free Agent Guard Royal Ivey
  4. "Atlanta Hawks fill up their training camp roster". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2013. 
  5. "Atlanta Hawks waive Royal Ivey". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar