Roxelio Lois Estévez

xornalista galego

Rogelio Lois Estévez, nado en Pontevedra o 12 de marzo de 1842 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1905,[1] foi un xornalista galego.

Roxelio Lois Estévez
Nacemento12 de marzo de 1842
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento11 de outubro de 1905
Lugar de falecementoPontevedra
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
FillosAlfonso Lois Sancho
Na rede
Galiciana: 12097
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Coleución de cantares gallegos. 1899.

Oficial primeiro do concello de Pontevedra. Colaborou en La Opinión, El Diario, Galicia Cómica, El Ángel del Hogar e dirixiu a segunda etapa de O Galiciano, que reapareceu en novembro de 1888. Creou en xullo de 1890 a Asociación protectora de la clase obrera, unha sociedade protectora dos traballadores que tiña como órgano de prensa El Obrero. Foi o iniciador da campaña para a conservación das ruínas de San Domingos. Escribiu poesía en galego e castelán e algunhas obriñas de teatro como Trabajo fustrado, Antaño y hogano, Un diputado modelo, Los hijos de Minerva, Portales vigueses (apropósito estreado en Vigo en 1904) e A Cuba (cadro en verso estreado en Pontevedra en 1928).[2]

Obras editar

 
Lápida no cemiterio de Santo Amaro.
  • A los obreros de Pontevedra.
  • Pelra... antre seixos, 1888, versos en galego.[3]
  • Discurso leído como Presidente da "Asociación Protectora del Obrero" de Pontevedra, na Xunta Xeral, decembro de 1891.
  • Abrojos, 1893, versos en castelán.
  • Contos e cantares, 1893, versos en galego.
  • Fabas e castañas, 1894, versos en galego e en castelán.
  • Estrugas, 1894, versos en galego.
  • Coleución de cantares gallegos, 1899, versos en galego.
  • Burbujas, 1899, versos en galego e en castelán.
  • Adios! ante el cadáver de mi infortunada sobrina Maria Barbeito Lois.
  • Cuartillas leídas por Don Rogelio Lois en la Asociación Protectora del Obrero la noche del 21 de octubre de 1900 al inaugurarse las Conferencias que habrán de terner lugar en dicha "Asociación", 1900.
  • Remembranzas, 1904, versos en galego e en castelán.[4]
  • Sermón o lo que sea, hecho para finalizar las fiestas carnavalescas del año actual y que no pudo predicarse por la mala noche que se presentó, 1905.

Vida persoal editar

Casou con Luisa Sancho Varela-Seijas e foi pai de Alfonso Lois Sancho.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 10-10-1906, p. 2.
  2. "En Galicia, tal día como hoy..." in La Noche, 11-10-1951, p. 6.
  3. Con prólogo de José Echegaray.
  4. Con prólogo de Sarah Lorenzana.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar