Rotarit

Duque de Bérgamo

Rotarit ou Rotharit, finado en Turín en 702, foi un duque longobardo, último duque de Bérgamo.

Infotaula de personaRotarit
Nome orixinal(it) Rotarit
(fr) Rotharit Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Morte702 Editar o valor em Wikidata
Turín Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDucado de Bérgamo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

No 700, cando estalou a loita pola sucesión do rei recentemente desaparecido, Cuniperto (ao cal era fiel), declarouse a favor do fillo deste último, Liutperto (aínda menor de idade), e do seu titor Ansprando. Opostos eran o duque de Turín Raghinperto, fillo de Godeperto e, xa que logo, tamén el un expoñente da dinastía bávara reinante. O enfrontamento resolveuse cunha batalla, combatida en Novara a principios de 701, que veu a derrota de Rotarit e do seu aliado Ansprando. Raghinperto, apoiado polos longobardos de Neustria (como daquela se denominaba a rexión noroccidental do reino) subiu ao trono e inmediatamente se asociou ao fillo, o futuro Ariperto II.

Á morte de Raghinperto, acaecida poucos meses despois da batalla de Novara, Rotarit e Ansprando meteron na cadea a Ariperto II e sevolveron ao trono a Liutperto. Ariperto, porén, deu fuxido e o ano seguinte (702) venceu en Pavia aos protectores de Liutperto; depuxo e meteu na cadea ao xove rei e coroouse no seu lugar. Rotarit, volto a Bérgamo, proclamouse rei pero foi vencido tras un sanguento cerco por Ariperto que, despois de lle afeitar a barba e a testa como signo de máximo desprezo, levouno a Turín, onde o executou (702).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar