Roscoe Conkling Arbuckle, nado en Smith Center (Kansas) o 24 de marzo de 1887 e finado en Manhattan o 29 de xuño de 1933, foi un actor cómico estadounidense do cinema mudo, coñecido como Fatty Arbuckle. Foi mentor de Charles Chaplin e descubriu a Buster Keaton e Bob Hope. Foi unha das estrelas mudas máis populares e influentes das décadas de 1910 e 1920 e un dos actores mellor pagados en Hollywood, asinando un contrato en 1920 con Paramount Pictures por 14 000 dólares.[1] Adoptou o alcume de Fatty, "gordecho" en inglés, a pesar de que devandito alcume só o usou profesionalmente porque o detestaba.[2]

Roscoe Arbuckle
Nacemento24 de marzo de 1887
LugarSmith Center
Falecemento29 de xuño de 1933
LugarNova York
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoCremación
NacionalidadeEstados Unidos de América
Cónxuxe(s)Minta Durfee, Addie McPhail e Doris Deane
Profesiónhumorista, actor de cinema, director de cinema, guionista e actor
Na rede
IMDB: nm0000779 Allocine: 5757 Rottentomatoes: celebrity/william_goodrich Allmovie: p2080 IBDB: 30023
Discogs: 2425245 WikiTree: Arbuckle-717 Find a Grave: 2525 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Arbuckle tamén é coñecido polo "escándalo Fatty Arbuckle", cando foi acusado de violar e provocar a morte á actriz Virginia Rappe. Os seus xuízos convertéronse nuns dos primeiros "xuízos-espectáculo" de Hollywood.

Primeiros anos editar

De Kansas a California editar

Arbuckle naceu en Kansas, fillo de Mollie e William Goodrich Arbuckle, e xa acumulaba varios anos de experiencia no vodevil,[3] incluíndo traballos no Idora Park de Oakland, California, cando comezou a súa carreira cinematográfica coa compañía Selig Polyscope. Alí adquiriu o sobrenome de Fatty ("gordecho"), por mor da súa gordura.

Apareceu esporadicamente en curtametraxes dun rolo da Selig ata 1913, e, despois dunha breve estancia na Universal, converteuse nunha das estrelas da Keystones Kops, do director e produtor Mack Sennett.

Co impulso de Sennet, Arbuckle acadou a fama coa serie de comedias Fatty and Mabel, onde facía parella con Mabel Normand, esposa de Sennett. En 1916 Arbuckle era unha estrela tan coñecida como Charles Chaplin, e a Paramount ofreceulle o control total dos seus filmes, ademais de crear a Comique Filme Corporation exclusivamente para el, acontecemento único na industria da época.

O 6 de agosto de 1908 casou con Araminta Estelle Durfee (1889-1975), filla de Charles Warren Durfee e Flora Adkins. Durfee interpretou o papel de esposa autoritaria en moitas das primeiras comedias, a miúdo en compañía de Arbuckle.

Tamaño e axilidade editar

A pesar do seu gordura, Arbuckle era sorprendentemente áxil e gozaba dun gran dominio do seu físico. As súas comedias son coñecidas pola súa rapidez e dinamismo, cheas de escenas de persecucións e moitos gags visuais. Arbuckle estaba particularmente encariñado co momento chamado pastel na cara, un clixé da historia da comedia muda.

Buster Keaton editar

Arbuckle proporcionou a Buster Keaton o seu primeiro papel na industria do cinema, coa curta de 1917 The Butcher Boy. Ambos os cómicos trabaron unha estreita amizade, que non fraqueou cando Arbuckle foi duramente golpeado pola traxedia, e a subseguinte depresión e decadencia que viñeron despois. Na súa autobiografía, Keaton describiu a Arbuckle como un home de natureza bromista, e artífice, xunto co propio Keaton, de elaborados gags e esquemas cómicos que puxeron ao servizo de figuras da comedia do cinema sonoro (que significou a case desaparición de ambos os cómicos como estrelas do cinema).

O escándalo Arbuckle editar

No cumio da súa carreira, Arbuckle foi contratado polos estudos Paramount a cambio de cobrar un millón de dólares ao ano, o maior soldo xamais pagado por un estudio ata entón. O 3 de setembro de 1921, Arbuckle tomou un descanso da súa prolífica e vertixinosa produción fílmica, e desprazouse ata San Francisco cos seus amigos Lowell Sherman e Fred Fischbach. Rexistráronse no hotel Saint Francis, dispostos a dar unha festa, para a que convidaron varias mulleres ao seu cuarto. Durante o evento, unha delas, Virginia Rappe, unha aspirante a actriz de trinta anos, caeu gravemente enferma e foi examinada polo doutor do hotel, que ditaminou que, probablemente, a muller simplemente estaba bébeda.

Rappe caeu en coma e morreu tres días máis tarde no hospital de peritonite, causada por perforación da vexiga. Maude Delmont, amiga e compañeira de Rappe na festa, implicou a Arbuckle no suceso, denunciando que a ruptura da vexiga se producira mentres o actor violaba a Rappe cunha botella. Arbuckle, seguro da súa inocencia, rexeitou as acusacións. Entón, Delmont denunciouno á policía coa esperanza de chegar a un acordo monetario cos avogados de Arbuckle.[4]

A carreira de Arbuckle está considerada por historiadores do cinema como unha das grandes traxedias de Hollywood. O xuízo converteuse nun acontecemento nacional e ocupaba as portadas dos xornais, especialmente dos pertencentes ao imperio de William Randolph Hearst, que non dubidaban en presentar nas súas crónicas o actor como culpable, facendo xuízos anticipados e predispoñendo a xente a prexulgar a Arbuckle. Despois de dous xuízos nulos, o 12 de abril de 1922 Arbuckle foi declarado non culpable da morte de Virginia Rappe.

A pesar de que Arbuckle foi absolto das acusacións, a infamia resultante destruíu a carreira e a vida persoal do artista. Diversas asociacións de vixilancia da moral pediran a pena de morte para o actor, e os donos dos estudios prohibiron aos amigos de Arbuckle na industria calquera mostra de apoio público. Charles Chaplin estaba en Inglaterra por entón, mais Buster Keaton, íntimo amigo de Arbuckle, fixo unha declaración pública en apoio do seu amigo, resaltando que Arbuckle era unha das almas máis amables e bondadosas que coñecera.

A Oficina Hays, organismo que controlaba e censuraba toda a produción cinematográfica, retirou e prohibiu todos os filmes de Arbuckle,[5] aínda que máis tarde Will H. Hays declarou que deberían deixar que o actor continuase a traballar en Hollywood. Ironicamente, un dos escasos filmes que sobreviviron á prohibición, Leap Year, era unha das dúas únicas longametraxes acabadas que a Paramount pensaba estrear cando se produciu o escándalo. Mentres que en Europa Arbuckle foi progresivamente rehabilitado trala súa absolución, nunca o foi en vida nos Estados Unidos nin en Inglaterra.

Moitos dos filmes de Arbuckle, incluíndo Life of the Party, só sobreviven como simples impresións con intertítulos en diversas linguas (non en inglés). A pesar de que Life of the Party foi estreado antes do escándalo, ninguén se molestou en conservar as copias orixinais en lingua inglesa.

Algunhas das súas primeiras curtametraxes (especialmente aquelas en que aparecía xunto a Charles Chaplin ou Buster Keaton) foron restauradas e estreadas en DVD.

Versións dunha mesma historia editar

 
Virginia Rappe contra 1920.

Moitos detalles comentáronse durante o tres longos xuízos aos que foi sometido Arbuckle, pero os máis escabrosos foron obra directa dos medios sensacionalistas, e especialmente de William Randolph Hearst, que atopou unha auténtica mina de ouro co escándalo do que era o máis famoso actor cómico do seu tempo.

As historias (nunca comprobadas) sobre o que pasou nos cuartos 1219, 1220 e 1221 do Hotel Saint Francis, de San Francisco, o 5 de setembro de 1921, falaban mesmo de que Arbuckle, cos seus máis de 120 quilos de peso, fracturara en dous a Virginia Rappe; mais sobre todo de que, debido ao seu extremo grao de embriaguez, fora incapaz de penetrar a Virginia, polo que tivera que empregar unha botella de champaña (outras versións falaban dunha botella de Coca-Cola) ou mesmo un afiado anaco de xeo.[6]

Segundo consta nas actas do xuízo, Arbuckle levou ata o seu cuarto do hotel un gramófono, varios discos, e abundante xenebra e whisky, desacatando directamente a Lei Volstead, que dende había un ano prohibía a produción e venda de bebidas alcohólicas en todo o país. Despois de 48 horas de festa, Virginia Rappe incorporouse ao evento, onde foi recibida por Arbuckle en pixama (o que provocou as acusacións de que o actor camiñaba semiespido polos corredores do hotel). Virginia comezou a inxerir tamén grandes cantidades de alcol, ata que tivo que ir ao lavabo a vomitar; alí a atopou Arbuckle, que se encerrou con ela durante quince minutos, tempo suficiente segundo a acusación para cometer a violación.

Segundo os médicos que a examinaron pouco despois, os danos na vexiga de Virginia Rappe podían ser consecuencia dun aborto mal practicado poucos días antes (algo que se obviou nos xuízos), e agravados como consecuencia da gran cantidade de alcol inxerido mesturado con medicamentos. Fred Fischbach encheu a bañeira con auga fría e anacos de xeo, onde foi colocada a muller nun intento por reanimala, mentres que Arbuckle colocou un pedazo aguzado de xeo dentro da vaxina de Rappe, nun intento de deter a hemorraxia, o que lle valeu a acusación de penetral cun fragmento puntiagudo desa mesma substancia.

Durante os xuízos presentouse primeiro unha versión totalmente idealizada de Virginia Rappe, como unha nova actriz á procura dunha oportunidade que caeu nas garras dunha estrela depravada. Porén, tamén apareceu o seu escuro pasado, que presentaba de tres a cinco abortos previos (operación prohibida e ilegal nesa época), prostitución ocasional, ou que causara unha epidemia de sífilis entre os traballadores dos estudos de Mack Sennet. Non obstante, todas estas historias entraban tamén na categoría dos rumores.

Últimos anos editar

O 27 de xaneiro de 1925 Arbuckle divorciouse en París, de Araminta Estelle Durfee, tralas alegacións dela de abandono e deserción. O 16 de maio de 1925 Arbuckle contraeu matrimonio con Doris Deane.

Arbuckle tentou volver á realización de películas, mais a prohibición inmediata de todos os seus filmes trala súa absolución non llo permitiu, e caeu no alcoholismo. En palabras da súa primeira esposa: Roscoe só pareceu atopar consolo no fondo dunha botella.

Buster Keaton tentou axudar a Arbuckle permitíndolle traballar nalgúns dos seus filmes, chegando a escribir o guión da curtametraxe de Keaton Day Dreams. Arbuckle alegou que codirixira algunhas escenas do filme de Keaton Sherlock Jr., mais é difícil saber canto dese material chegou á montaxe final do filme. Arbuckle tamén dirixiu algunhas das curtametraxes menos coñecidas de Educational Pictures, baixo o pseudónimo de William Goodrich.

Unha lenda, nunca confirmada mais persistente, dá unha explicación inexacta da orixe do pseudónimo de Arbuckle. Segundo se di, Keaton, bromista incorrexible, suxeriu que Arbuckle podería dirixir películas baixo o alias Will B. Good (literalmente «serei bo»). Supostamente, Arbuckle estivo de acordo con el, mais recoñecendo que o xogo de palabras era demasiado obvio ampliou o nome para convertelo en William B. Goodrich. Con todo, Arbuckle dirixiu ducias de películas nas que o seu pseudónimo aparecía nos créditos iniciais como William Goodrich, sen ningunha inicial entre o nome e o apelido. O escritor e investigador británico David Yallop descubriu que o nome completo do pai de Arbuckle era William Goodrich Arbuckle, co que deu unha explicación moito máis razoable e plausible sobre a orixe do pseudónimo.

Últimos filmes editar

En 1929 Doris Deane solicitou o divorcio, nos Ánxeles, alegando abandono e crueldade. O 21 de xuño de 1931 Arbuckle volveu casar con Addie Oakley Dukes McPhail, máis tarde Addie Oakley Sheldon (1906-2003), en Erie, Pensilvania. Pouco antes do seu matrimonio Arbuckle asinou un contrato con Jack Warner para protagonizar seis curtametraxes cómicas de dous rolos para Vitaphone, empregando o seu nome real. O 28 de xuño de 1933, tras acabar a filmación da última destas curtametraxes, foi contratado por Warner Brothers para a realización dunha longametraxe, mais Arbuckle faleceu unhas horas despois.[7]

As seis curtametraxes de Vitaphone, rodadas en Brooklyn, constitúen os únicos rexistros gravados da voz do cómico. Os actores Al St. John (sobriño de Arbuckle), Lionel Stander e Shemp Howard, apareceron con Arbuckle nalgunhas destas curtas. Cando a Warner tentou reestrear a primeira delas, Hey, Pop!, en Inglaterra, a academia británica, citando o escándalo ocorrido unha década antes con Arbuckle, non o permitiu.

Final editar

Roscoe Arbuckle morreu dun ataque ao corazón o 29 de xuño de 1933, en Manhattan con só 46 anos. Buster Keaton declarou repetidas veces que Arbuckle morrera porque lle romperan o corazón. Poucas horas antes asinara un novo contrato con Warner, que lle fixo declarar: «Hoxe é o día máis feliz da miña vida». Foi incinerado e as súas cinzas dispersadas no océano Pacífico (a suposta tumba de Arbuckle, situada no cemiterio Woodlawn, no Bronx, Nova York, pertence a Macklin Arbuckle, actor e primo de Roscoe Arbuckle).

Notas editar

  1. "Fatty Arbuckle BBC.". 
  2. "Interesting facts about Roscoe Arbuckle". Arbucklemania. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. Alice Lake called him Arbie. To Mabel Normand he was Big Otto, after an elephant in the Selig Studio Zoo near Keystone. Buster Keaton called him Chief. Fred Mace called him Crab. And for some unexplained reason fellow comic Charlie Murray referred to him as My Child the Fat. His three wives always called him Roscoe 
  3. Ellis, Chris & Julie (10 de abril de 2005). The Mammoth Book of Celebrity Murder: Murder played out in the spotlight of maximum publicity. Constable & Robertson. ISBN 978-0786715688. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  4. Sheerin, Jude (4 de setembro de 2011). "'Fatty' Arbuckle and Hollywood's first scandal". BBC News. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  5. King, Gilbert. "Fatty The Skinny on the Fatty Arbuckle Trial". smithsonianmag.com. Consultado o 8 de novembro de 2011. 
  6. Hopkins, Ernest J. (25 de setembro de 1921). "Miss Rappe's Manager Tells Worst He Knows of Arbuckle". The Pittsburgh Press. p. 3. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  7. Noe, Denise. "Fatty Arbuckle and the Death of Virginia Rappe". Crime Library at truTV. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2008. Consultado o 3 de xullo de 2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • David A. Yallop: "The Day the Laughter Stopped"
  • Andy Edmonds: "Frame-Up!", William Morrow and Company, Inc., Nova York, 1991

Ligazóns externas editar