Rosario Hernández

sindicalista galega

Rosario Hernández Diéguez, coñecida como A Calesa, nada en Vigo o 17 de febreiro de 1916 e finada na mesma cidade o 3 de setembro de 1936, foi unha sindicalista galega.

Infotaula de personaRosario Hernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (20 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Rosario ten unha rúa en Teis, Vigo.

Filla dun ferroviario anarquista. Simpatizante do PSOE. Traballaba como vendedora de xornais no portal da sociedade "El Gimnasio", na rúa do Príncipe.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi detida o 3 de setembro de 1936, torturada e asasinada nun cuartel de Falanxe. O seu corpo foi fondeado na ría de Vigo, á altura das Illas Cíes.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar