Roque Sáenz Peña

político arxentino

Roque Sáenz Peña Lahitte, nado en Buenos Aires o 19 de marzo de 1851 e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1914, foi un avogado e político arxentino, presidente do seu país entre 1910 e 1914. Antes foi combatente voluntario do exército peruano, durante a Guerra do Pacífico.

Roque Sáenz Peña
Nome completoRoque Sáenz Peña Lahitte
Nacemento19 de marzo de 1851
Lugar de nacementoBuenos Aires
Falecemento9 de agosto de 1914 e 1914
Lugar de falecementoBuenos Aires
SoterradoCemitério da Recoleta
NacionalidadeArxentina
Alma máterUniversidade de Buenos Aires e Colegio Nacional de Buenos Aires
Ocupaciónavogado, diplomático, político e militar
PaiLuis Sáenz Peña
Cónxuxevalor descoñecido
Na rede
WikiTree: Sáenz_Peña_Lahitte-1 Find a Grave: 7023936 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Primeiros anos editar

Súa familia era partidaria de Juan Manuel de Rosas: os seus avós paterno e materno, Roque Sáenz Pena e Eduardo Lahitte, foran deputados da Lexislatura durante o goberno daquel. Despois da derrota de Rosas en Caseros, a tradición federalista dos avós e do pai, que non cambiaron as súas conviccións, mantívoos afastados da función pública.

Sáenz Peña cursou os seus estudos secundarios no Colexio Nacional de Buenos Aires baixo a dirección de Amadeo Jacques. En 1875 graduouse de doutor en Dereito. Durante a Revolución de 1874, defendeu ás autoridades da nación, como Capitán do Rexemento N° 2. Vencida a revolución, foi ascendido a Segundo Comandante de Gardas Nacionais, pero solicitou ser relevado das filas.

Opositor a Bartolomé Mitre, militou no Partido Autonomista encabezado por Adolfo Alsina, e en 1876 foi elixido para un escano de Deputado na Lexislatura da Provincia de Buenos Aires. Pese á súa mocidade, chegou a desempeñar a presidencia do corpo. En 1878, discordando da política de conciliación iniciada polo presidente Nicolás Avellaneda á quen Sáenz Pena se opoñía, renunciou ao seu cargo e terminou por abandonar a política por algún tempo.

A Guerra do Pacífico editar

Cando foi declarada a Guerra do Pacífico entre Chile e o Perú en 1879, ausentouse do seu país viaxando cara a Lima. Ofreceu os seus servizos ao Perú, que lle outorgou o grao de Tenente Coronel (Comandante). Destacouse na batalla de Tarapacá: caído o xefe do seu rexemento, asumou o mando e fixo retroceder ás forzas chilenas. Comandando na batalla de Arica o batallón de Iquique, logo de ser ferido e contemplar a morte de moitos dos seus camaradas peruanos, caeu prisioneiro en mans do comandante inglés ao servizo do exército chileno, Robert Souper Howard.

Sometido a un Consello de Guerra e feito prisioneiro, foi posto en liberdade despois de tres meses, a instancias da súa familia e do goberno arxentino. Regresou a Buenos Aires en setembro de 1880. O Congreso da Nación Arxentina, en voto unánime, devolveulle a cidadanía arxentina, que perdera de xure ao incorporarse ao exército peruano.

Actuación política posterior editar

Cando regresou a Arxentina, presidía o país o Xeneral Roca, e o seu Ministro de Relacións Exteriores, Bernardo de Irigoyen nomeono Subsecretario en 1881. En 1883, xunto aos seus amigos Paul Groussac, Carlos Pellegrini e Exequiel Ramos Mejía concibiu o proxecto de fundar a revista Sud América, na que as súas ideas foron amplamente publicitadas.

Renunciou ao cargo de Subsecretario, e trasladouse a Europa por dous anos. De regreso a Buenos Aires, apoiou a candidatura presidencial de Miguel Juárez Celman. En 1887, con Juárez Celman xa na presidencia, foi designado ministro plenipotenciario no Uruguai. O ano seguinte foi representante do país na Conferencia de Montevideo. Entre 1889 e 1890, xunto a Manuel Quintana representou a Arxentina na Conferencia de Washington, onde defendeu o principio da inviolabilidade dos Estados e rexeitou o proxecto estadounidense de crear unha unión aduaneira continental. Volveu a Buenos Aires para facerse cargo da carteira de Relacións Exteriores do agonizante goberno de Juárez Celman, que caerá pouco despois.

No medio da grave crise política e económica que sacudía ao país, a figura de Roque Sáenz Pena perfílase como favorita para as eleccións presidenciais de 1892. Contaba con forte apoio entre a mocidade, e na provincia de Buenos Aires. Para destruír a súa candidatura, Bartolomé Mitre, aliado de Roca, impulsou a candidatura do seu propio pai: Luís Sáenz Pena e, para non enfrontarse co seu pai, Roque prefiriu renunciar á súa candidatura. As eleccións deron como triunfador a Luís Sáenz Pena, que designou a Roque xefe do Rexemento de Gardas Nacionais. En xuño de 1892 incorporouse á Cámara de Senadores da Provincia de Buenos Aires, pero ao pouco tempo renunciou a ambos cargos para retirarse da vida pública. Por un tempo vivirá en Entre Ríos, e regresou a Buenos Aires en 1895.

En 1905, en recoñecemento á súa actuación durante a guerra do Pacífico, foi invitado oficialmente polo Perú para inaugurar o monumento a Bolognesi. Alí recibiu a medalla de ouro que se lle outorgaba por lei do Congreso, e a divisa de Xeneral de Brigada do exército peruano. En 1906 o goberno de José Figueroa Alcorta designouno representante extraordinario para asistir aos actos da voda de Afonso XIII de España. De regreso á Arxentina, en 1907 foi nomeado para encabezar as misións diplomáticas en Suíza e Italia. Chegado a Roma, recibiu instrucións do seu goberno para representar ao país na segunda Conferencia de Paz da Haia xunto a Luís María Drago; alí sosterán unha posición favorable á creación dun tribunal internacional de arbitraxe.

En 1909 formou parte do tribunal arbitral que solucionaba conflitos diplomáticos entre Estados Unidos e Venezuela. A súa misión diplomática ante os gobernos italiano e suízo prolongouse ata 1910. Estaba en Italia cando foi proclamado candidato a Presidente da República.

Presidente da Arxentina editar

Asumiu a presidencia o 12 de outubro de 1910. Os seus esforzos concentráranse en democratizar a vida política, a través dunha reforma electoral baseada en tres elementos: o voto secreto, obrigatorio, e utilizando o padrón militar. Entre os opositores ao seu goberno atópanse os beneficiarios do antigo réxime electoral, cuxos privilexios foron claramente ameazados pola reforma. Así, moitos lexisladores dos sectores conservadores, aínda non opoñéndose abertamente, obstaculizaron a reforma; aínda así, esta foi proclamada o 10 de febreiro de 1912 como Lei N° 8871, coñecida desde entón como "Lei Sáenz Pena".

Desde o momento da súa asunción como presidente, a súa saúde xa non era boa, e empeorou a partir de 1913. A versión que circulaba na época era que o presidente sufría as consecuencias neurolóxicas dunha sífilis que contraeu durante a guerra entre Chile e o Perú[1]

Finalmente, por razóns de saúde, delegou o mando presidencial no seu vicepresidente Victorino de la Plaza. Morreu o 9 de agosto de 1914, dous anos antes de terminar o seu mandato.

Presidentes da Arxentina

Segue a:
José Figueroa Alcorta
Roque Sáenz Peña
Precede a:
Victorino de la Plaza
Partido Autonomista Nacional

Notas editar

  1. Castro, Nelson (2005): Enfermos del poder. 1º edición. Buenos Aires, Vergara.