Roque Olsen

futbolista arxentino

Roque Germán Olsen Fontana, nado en Viale, Paraná, Entre Ríos, o 9 de setembro de 1925 e finado en Sevilla o 15 de xuño de 1992, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de dianteiro e destacou no Real Madrid, onde formou no ataque xunto a Pahiño, Di Stéfano, Héctor Rial e Gento entre outros, gañando tres ligas, dúas Copas Latinas e as dúas primeiras Copas de Europa da historia.

Roque Olsen
Información persoal
Nome Roque Germán Olsen Fontana
Nacemento 9 de setembro de 1925
Lugar de nacemento Viale
Falecemento 15 de xuño de 1992
Lugar de falecemento Sevilla
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Atlético Patronato
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1949 Tigre 12 (3)
1949–1951 Racing Club 15 (6)
1951–1957 Real Madrid 110 (60)
1957–1959 Córdoba 56 (24)
Adestrador
1957 Córdoba
1958 Córdoba
1959–1960 Córdoba
1961–1963 Córdoba
1963–1964 Deportivo da Coruña
1964–1965 Zaragoza
1965–1967 Barcelona
1967–1968 Zaragoza
1969–1970 Celta de Vigo
1970 Deportivo da Coruña
1971–1974 Elche
1974–1976 Sevilla
1976–1977 Las Palmas
1977–1978 Elche
1978–1980 Cádiz
1980–1981 Recreativo de Huelva
1984 Elche
1984–1985 Las Palmas
1985–1986 Elche
1987–1988 Córdoba
1988 Las Palmas
1989 Sevilla
1991 Las Palmas
1991–1992 Las Palmas
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Como adestrador dirixiu a varios equipos de Primeira División, como o FC Barcelona, o Zaragoza ou o Celta de Vigo. Ademais adestrou numerosos equipos da Segunda División, logrando ata seis ascensos á máxima categoría, con Cördoba, Deportivo da Coruña, Elche (dúas veces), Sevilla e Las Palmas.

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Naceu en Viale, sendo seus pais orixinarios de Paraná e os seus avós austríacos.[1] Pouco despois trasladouse coa súa familia a Sauce de Luna.[2] Nesta localidade deus os seus primeiros pasos no fútbol, incorporándose pouco despois ao Club Atlético Patronato de Paraná, onde xogou ata 1949, ano no que foi adquirido polo Club Atlético Tigre, onde debutou profesionalmente. O seu rendemento levouno a fichar pouco despois polo Racing Club.

En febreiro de 1951 fichou polo Real Madrid,[3] xunto con Imbelloni e co adestrador Héctor Scarone. Debutou na Primeira División o 25 de marzo, marcando un triplete contra o Murcia en Chamartín, nun encontro que rematou 6-0 e no que formou na dianteira xunto con Imbelloni, Pahiño, Olmedo e Cabrera.[4] Foi un habitual no once titular durante as seguintes campañas, nas que compartiu dianteira entre outros con Di Stéfano, Héctor Rial e Gento, acadando os 66 goles en 123 partidos oficiais. Conquistou tres ligas, dúas Copas Latinas e as dúas primeiras Copas de Europa da historia.

Unha grave lesión impediulle render ao nivel suficiente na súa etapa final no club branco, que o deixou en liberdade en 1957, fichando entón polo Córdoba, da Segunda División.[5] Xogou tres tempadas no club andaluz, actuando na última tempada como xogador-adestrador.

Como adestrador editar

Disputou o seu último partido o 18 de outubro de 1959, contra o Almería, dedicándose dende entón aos labores de adestrador. Deixou o club ao remate da tempada 1959/60, pero regresou preto do final da tempada seguinte, para substituír no banco ao mindoniense Álvaro. Continuou como adestrador do Córdoba na 1961/62, na que conseguiu proclamarse campión de Segunda, ascendendo así á Primeira División por primeira vez na historia do club. No debut do equipo na máxima categoría conseguiu a permanencia.

En xuño de 1963 asinou como novo adestrador do Deportivo da Coruña.[6] Con Olsen no banco e liderado polos goles de Veloso, o club galego proclamouse campión de Segunda, ascendendo á Primeira División. O seu bo facer na Coruña abriulle as portas do Zaragoza, un dos mellores equipos españois da época. Alí dirixiu a xogadores como Reija, Isasi, Villa, Canario ou Marcelino, acabou a liga na terceira posición, acadou a final da Copa do Xeneralísimo, onde perdeu contra o Atlético de Madrid de Otto Bumbel, e as semifinais da Recopa de Europa, onde foi eliminado polo West Ham.

Entre 1965 e 1967 adestrou o FC Barcelona, co que gañou a Copa de Feiras 1965/66, derrotando na final ao Zaragoza, e foi subcampión de liga na 1966/67. A continuación adestrou por segunda vez o Zaragoza e na 1969/70 o Celta de Vigo, tamén de Primeira.[7] Con todo, non rematou a tempada no club vigués, sendo destituído en marzo de 1970.[8]

En maio regresou ao Deportivo da Coruña para dirixir o equipo na tempada 1970/71 da Segunda División,[9] pero foi destituído tras 17 xornadas, sendo substituído por Arsenio.[10] A continuación adestrou durante tres campañas o Elche, logrando o ascenso a Primeira División na segunda delas. Na tempada 1974/75 sentou no banco do Sevilla, co que conseguiu tamén ascender a Primeira.

Durante os seguintes anos adestrou varios equipos de Segunda e logoru dous novos ascensos á máxima categoría: un co Elche (por segunda vez) e outro co Las Palmas.

Palmarés editar

Como futbolista editar

Real Madrid

Como adestrador editar

Córdoba

Deportivo da Coruña

FC Barcelona

Las Palmas

Notas editar

  1. Ramos, Jesús (2 de novembro de 2019). "Roque Olsen, un argentino con raíces austriacas". Marca (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  2. "La olvidada historia del vialense que fue goleador en el Real Madrid y DT del Barcelona" (en castelán). 15 de setembro de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  3. "Olsen ya está en Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán) (4111). 8 de febreiro de 1951. p. 3. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  4. "Madrid, 6; Murcia, 0". El Pueblo Gallego (en castelán) (4144). 27 de marzo de 1951. p. 3. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  5. "Olsen al Córdoba, Molowny al Las Palmas y Cerdán al Osasuna". La Noche (en castelán) (11323). 4 de xullo de 1957. p. 5. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  6. "Roque Olsen, nuevo entrenador del Deportivo de La Coruña". El Progreso (en castelán) (17378). 19 de xuño de 1963. p. 6. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  7. "Roque Olsen firmó contrato por el Celta". El Pueblo Gallego (en castelán). 9 de maio de 1969. p. 15. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  8. "Olsen se va aceptando el veredicto de la afición". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de marzo de 1970. p. 17. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  9. "Olsen, entrenador del Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán). 17 de maio de 1970. p. 19. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  10. "Los entrenadores, siempre el blanco". El Pueblo Gallego (en castelán). 1 de xaneiro de 1971. p. 16. Consultado o 28 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar