Romaría de El Rocío

A romaría de El Rocío é unha manifestación de relixiosidade popular en honor da Virxe do Rocío. Celébrase o luns posterior ao domingo de Pentecoste. A ermida onde se atopa a Virxe áchase no poboado almonteño de El Rocío, na provincia de Huelva. A irmandade de Almonte é a encargada de organizar os cultos e romaría da Virxe.

Ermida de El Rocío

Está declarada festa de interese turístico internacional.

A romaría editar

Tras percorrer en romaría, a miúdo dacabalo, parte do parque de Doñana, unha inmensa multitude de devotos chegan ás portas da ermida, onde á hora prevista realizan o que popularmente chaman "o salto da reixa". A continuación, os almonteños loitan por tocar a Virxe que chaman "Branca Pomba" e lévana ao carricho pola aldea. O traxecto percorre as distintas irmandades desde onde algúns sacerdotes rézanlle sálvea, acompañados polo pobo rociero.

A romaría do Rocío é unha das romarías máis famosas e multitudinarias que existen. Conta con máis de 100 irmandades[1], e entre as persoas ilustres que a visitaron atópase o defunto Papa Xoán Paulo II o 14 de xuño de 1993.[2][3]

A saída da Virxe do Rocío na madrugada do Luns de Pentecoste realízase tras acabar o rezo do Santo Rosario que comeza a media noite, pasando todos os simpecados por diante da ermida ata que chega o da irmandade matriz de Almonte, que entra na ermida e debe chegar ao presbiterio, sendo nese instante cando se produce o salto do enreixado. Por todo isto, nunca pode predicirse con exactitude a hora de saída da Virxe.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar