Romano IV Dióxenes

Romano IV Dióxenes, emperador de Bizancio entre os anos 1068 e 1071, foi coñecido sobre todo pola súa derrota na batalla de Manzikert.

Infotaula de personaRomano IV Dióxenes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1030 Editar o valor em Wikidata
Capadocia Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 1072 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Kınalıada Mahallesi Editar o valor em Wikidata
Emperador bizantino
1068 – 1071
← Constantino X DucasMiguel VII Ducas → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEmperador , militar Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia dos Ducas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEudocia Makrembolitissa
Anna of Bulgaria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosConstantino Diógenes (pt) Traducir
 () Romano IV Dióxenes
Leão Diógenes (pt) Traducir
 () Romano IV DióxenesEudocia Makrembolitissa
Nicéforo Diógenes (pt) Traducir
 () Romano IV DióxenesEudocia Makrembolitissa Editar o valor em Wikidata
PaiConstantino Diógenes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Diogenes-3

Traxectoria editar

Orixe editar

Romano pertencía a unha distinguida familia de Capadocia, e distinguiuse como militar. Subiu ao trono ao contraer matrimonio con Eudocia, viúva de Constantino X Ducas. Foi coroado emperador o 1 de xaneiro de 1068.

Coroación editar

Tras a súa coroación, dirixiu tres exitosas campañas contra os selxúcidas no leste de Anatolia, expulsándoos ao leste do Éufrates. En marzo de 1071 emprendeu unha nova campaña cun exército duns 60.000 ou 70.000 homes. Deixou a maior parte deles ás ordes do seu xeneral Xosé Tarcaniotes, e el, co resto das tropas, apoderouse da fortaleza de Manzikert. Pouco despois enfrontouse co exército selxúcida, mandado por Alp Arslan, en tanto que Tarcaniotes, por traizón ou por covardía, escapaba no canto de lle prestar auxilio. Romano foi vencido e feito prisioneiro.

Foi conducido a presenza de Alp Arslan, quen lle ordenou bicar o chan ante el, e púxolle simbolicamente un pé sobre o pescozo. Con todo, despois foi tratado como un hóspede, e asinou co sultán un tratado de paz, polo cal pasaban a control selxúcida as cidades de Manzikert, Hierópolis, Edesa e Antioquía, e Bizancio comprometíase a pagarlle un oneroso tributo. Despois, o emperador foi deixado en liberdade.

Con todo, en Constantinopla, unha conspiración entronizou a Miguel, fillo de Constantino X Ducas e de Eudocia. Aínda que Romano tratou de reunir o que quedaba do seu exército, foi derrotado polo xeneral Andrónico Ducas, e aceptou renunciar ao trono e retirarse a un mosteiro, a cambio de que fose respectada a súa vida. Esta promesa, con todo, non foi respectada: sacáronselle os ollos e foi paseado sobre unha besta de carga durante varios días. Morreu na illa de Proti, nun mosteiro que el mesmo ordenara construír, a consecuencia da infección das súas feridas, pero antes, o seu inimigo, o cronista Miguel Psellos, escribiulle unha cruel carta felicitándoo pola súa boa sorte ao ser cegado, xa que era seguramente porque Deus o atopou digno dunha luz superior.

Durante o seu reinado os normandos conquistaron Bari, o que significou o final da presenza bizantina en Italia.

Bibliografía editar

  • Norwich, John Julius: Breve historia de Bizancio. Editorial Cátedra, 2000. ISBN 84-376-1819-3.
Imperio Bizantino

Segue a:
Constantino X Ducas
Romano IV Dióxenes
Precede a:
Miguel VII Ducas
Dinastía Ducas-Comneno