A rolla é un obxecto que procede da cortiza da sobreira, usado para selar recipientes.

Rolla de cortiza maciza e de aglomerado
Rolla do viño Couto Mixto.

Variedades editar

A rolla coa que se pechan as botellas pode ser de tres tipos:

  1. maciza: todo o material da rolla está formado por unha soa peza de cortiza;
  2. de aglomerado ou triturado: a rolla tén forma cilíndrica pero está conformada de anacos diferenciables de tamaño visible pegados entre si;
  3. de virutado ou de febra: o material é uniforme en cor e textura áspera e está composto de pequenas astelas case indiferenciables;

Existen tamén unha rollas artificiais de imitación, confeccionadas de escuma industrial e rodeados dunha capa plástica brillante cun debuxo copiando ás auténticas. Hai outras rollas mixtas reutilizables que se utilizan domesticamente para pechar sempre o mesmo tipo de bebida: constan dunha parte de cortiza con cabeza cónica ou redondeada para facilitar a entrada na boca da botella e cun disco plástico de maior diámetro no outro extremo para que non esvare ó interior do recipiente e para coller a rolla máis comodamente. Os líquidos que pecha poden ser: viño, cava, champaña, licor café e outros licores, normalmente de baixa gradación.