Roland Ratzenberger

Roland Ratzenberger, nado en Salzburgo o 4 de xullo de 1960 e finado en Imola o 30 de abril de 1994, foi un piloto de automóbiles de Fórmula 1 austríaco. Faleceu tras un accidente nas clasificacións do Gran Premio de San Marino de 1994 en Imola, a mesma carreira na que posteriormente perdeu a vida a piloto brasileiro Ayrton Senna.

Infotaula de personaRoland Ratzenberger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1960 Editar o valor em Wikidata
Salzburgo, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 1994 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Boloña, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Fratura de crânio basilar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSalzburgo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un (1994–1994) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Sigma Advanced Racing Development (en) Traducir
-Brun Motorsport (en) Traducir
1994-1994Simtek Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Le Mans editar

En 1989 pilotou nas 24 Horas de Le Mans por primeira vez. Compartiu o Porsche 962 do equipo Brun Motorsport con Mauricio Sandro Sala e Walter Lechner, retirouse na terceira hora.

Correu nos seguintes catro Le Mans, novamente con Brun en 1991 e co equipo de ADR en 1990, 1992 e 1993. O seu mrllor resultado chegou en 1993, cando xunto a Mauro Martini e Naoki Nagasaka terminaron quintos nun Toyota 93 CV.[1]

Fórmula Un editar

Na tempada de 1994, finalmente logrou a súa ambición de converterse en piloto de Fórmula Un, firmando un contrato de cinco carreiras co novo equipo Simtek[1] dirixido por Nick Wirth.

A súa campaña comezou cun mal inicio no Gran Premio do Brasil de 1994 en Interlagos, onde non puido clasificarse. Pero chegou á grella na seguinte rolda no Circuíto Internacional Tanaka en Aida, Xapón, xa que a súa experiencia na pista logo dos seus días nas carreiras de turismo era o único piloto no circuíto que pilotara antes neste circuíto. Terminou 11º.[1]

Morte editar

 
Ratzenberger, antes do seu accidente mortal no Gran Premio de San Marino de 1994.

Ratzenberger morreu durante a cualificación do Gran Premio de San Marino de 1994 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari o sábado 30 de abril de 1994. Saírase da pista na volta anterior, danando a súa á dianteira, pero no canto de entrar nos boxes, continuou, xa que estaba competindo polo posto final da grella.[2] A alta velocidade na recta, e, polo tanto, a alta forza aerodinámica xerada, finalmente rompeu a á, enviándoa debaixo do coche. O seu coche non puido virar na curva Villeneuve e golpeou contra o muro exterior a 314´9 km/h.[3]

Ratzenberger foi declarado morto ao chegar ao hospital Maggiore en Bologna, trasladado aí desde o centro médico do circuíto de Imola, onde fora inicialmente trasladado desde o lugar de choque nunha ambulancia. A causa da morte foi unha fractura de cranio basilar.

 
Curva Villeneuve, a localización do accidente mortal de Ratzenberger. Ayrton Senna morreu ao día seguinte na mesma curva.

Ratzenberger foi o primeiro piloto de carreiras que perdeu a súa vida nun fin de semana de gran premio desde a tempada 1982 de Fórmula Un, cando Riccardo Paletti morrera en Canadá no Circuíto Gilles Villeneuve. Ratzenberger tamén foi o primeiro piloto en morrer nun coche de F1 desde Elio de Angelis durante unha proba en 1986.

Bernie Ecclestone persuadiu ao equipo Simtek para participar na carreira o día seguinte para superar o choque. En sinal de respecto, o lugar de Ratzenberger na grella de saída quedou baleiro. O compañeiro de equipo de Ratzenberger, David Brabham, retirouse logo de 27 voltas.

A súa morte tivo un legado duradeiro. O 1 de maio de 1994, durante o briefing habitual dos pilotos, os pilotos restantes acordaron a reforma da Asociación de pilotos de Gran Premio, con Senna, Gerhard Berger e Michael Schumacher como os seus primeiros directores. A asociación meteu presión a continuación para mellorar a seguridade dos automóbiles e dos circuítos como consecuencia do acciedente de Imola e outros graves accidentes durante a tempada de 1994, en 2003, a FIA impuxo o uso do dispositivo HANS, deseñado para evitar o tipo de ferida que sufriu Ratzenberger.[4]

Cando os comisarios de pista examinaron os restos do automóbil de carreiras de Senna, atoparon unha bandeira austríaca. Senna planeara levala logo da carreira, na honra de Ratzenberger.[5]

O presidente da FIA, Max Mosley, asistiu ao funeral de Ratzenberger, a pesar da abafadora atención do funeral de Senna, tanto no mundo do automobilismo como no mundo. Nunha conferencia de prensa, dez anos máis tarde, Mosley dixo: "Roland foi esquecido. Entón fun ao seu funeral porque todos foron ao de Senna. Pensei que era importante que alguén fora ao seu".[6] Outros membros da comunidade de Fórmula 1 que asistiron foron Johnny Herbert, Heinz-Harald Frentzen e compatriotas de Ratzenberger Karl Wendlinger e Gerhard Berger, foron os únicos catro pilotos de F1 que asistiron.[7] Ratzenberger debía pilotar máis tarde ese ano nas 24 Horas de Le Mans para Toyota. Eddie Irvine tomou o seu lugar no equipo e o nome de Ratzenberger quedou no coche (o que sería o segundo na xeral) como homenaxe.

Ratzenberger está enterrado en Maxglan, Salzburgo, Austria.

Rexistro de carreiras editar

Resultados completos no British Touring Car editar

(key) (Carreiras en grosa indican pole position – 1982–1990 na súa clase) (Carreiras en cursiva indican volta rápida – outorgábase 1 punto – 1989 na súa clase)

Ano Equipo Coche Clase 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos Pts Clase
1988 Demon Tweeks BMW M3 Clase B SIL OUL THR DON
Ret
THR
8
SIL
16
SIL
Ret
BRH SNE BRH
11
BIR
C
DON
13
SIL
9
13º 26

Resultados nas 24 Horas de Le Mans editar

Ano Equipo Co-pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1989   Brun Motorsport
  Alpha Racing Team
  Maurizio Sandro Sala
  Walter Lechner
Porsche 962C C1 58 Ret Ret
1990   Toyota Team SARD   Pierre-Henri Raphanel
  Naoki Nagasaka
Toyota 90C-V C1 241 Ret Ret
1991   Team Salamin Primagaz
  Team Schuppan
  Eje Elgh
  Will Hoy
Porsche 962C C2 202 Ret Ret
1992   Toyota Team Tom's
  Kitz Racing Team with SARD
  Eje Elgh
  Eddie Irvine
Toyota 92C-V C2 321
1993   Y's Racing Team
  Sard Co. Ltd.
  Mauro Martini
  Naoki Nagasaka
Toyota 93C-V C2 363 5th

Resultados completos na Fórmula 3000 xaponesa editar

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1990 Team Noji International SUZ
NSC
FUJ
Ret
MIN
Ret
SUZ SUG FUJ FUJ
Ret
SUZ
15
FUJ
NSC
SUZ NC 0
1992 Stellar International SUZ
NSC
FUJ
13
MIN
3
SUZ
Ret
AUT
Ret
SUG
4
FUJ
Ret
FUJ
4
SUZ
1
FUJ
25†
SUZ
Ret
19
1993 Stellar International SUZ
Ret
FUJ
10
MIN
Ret
SUZ
6
AUT
C
SUG
16
FUJ
C
FUJ
3
SUZ
6
FUJ
14
SUZ
7
12º 6

† non terminaron a carreira, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1994 MTV Simtek Ford Simtek S941 Ford V8 BRA
NSC
PAC
11
SMR
NTS
MON ESP CAN FRA GBR ALE HUN BEL ITA POR EUR XPN AUS NC 0

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Who's Who: Roland Ratzenberger". F1Fanatic.co.uk. 2006. Consultado o 21 de decembro de 2006. 
  2. "Remembering Roland"Biographies, F1rejects.com Arquivado 24 de outubro de 2004 en Wayback Machine.
  3. "10 most striking Formula One crashes ever". automotoportal.com. 7 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2007. 
  4. Jeff Pappone (17 de febreiro de 2011). "Fastest sport is slow to implement safety measures". The Globe and Mail. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2011. Consultado o 21 de febreiro de 2011. 
  5. Longmore, Andrew (31 de outubro de 1994). "Ayrton Senna: The Last Hours". The Times. p. 30. Volta á pista, nos restos destruídos do automóbil de Senna, descubriron unha bandeira austríaca dobrada que Senna tiña a intención de dedicar na súa 42ª vitoria nun gran premio á memoria de Ratzenberger. 
  6. "Max went to Roland's funeral". GPUpdate.net. 23 de abril de 2004. Consultado o 1 de febreiro de 2011. 
  7. Majendie, Matt (30 de abril de 2014). "Formula One's forgotten man: 20 years on from the death of Roland Ratzenberger". CNN. Consultado o 14 de xuño de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar