Roi Xordo

fidalgo galego da casa de Andrade

Roi Xordo foi un fidalgo medieval da terra da casa de Andrade, que en 1431 liderou a Irmandade Fusquenlla na súa revolta contra o señor Nuno Freire de Andrade, o Mao, na que sería a primeira revolta irmandiña.

Roi Xordo
Fidalgo

Nacemento?
Ferrol/A Coruña?
Falecemento1437?
Pontedeume?

Traxectoria editar

Pouco se sabe de Roi Xordo. Podería ser de Ferrol, aínda que tamén se defende que era coruñés[1]. Liderou unha forza de 3.000 homes que tomou o castelo de Moeche, facendo fuxir cara Pontedeume o seu señor Nuno Freire. Sumando xentes de Mondoñedo e Lugo, até acadar os 10.000 combatentes,[2] Roi xordo avanzou contra Pontedeume e Betanzos. Alí, o arcebispo de Santiago Lope de Mendoza, tentou infrutuosamente chegar a un acordo de paz. Así e todo, o exercito irmandiño atacou Compostela, sendo derrotado polo exército regular do arcebispado. Roi Xordo e as súas tropas regresaron daquela a Pontedeume onde puxeron baixo asedio o castelo dos Andrade. Mais estes, refeito e reforzado o seu exército, conseguiron rompe-lo cerco no ano 1437, derrotando á Irmandade e dando morte a Roi Xordo na batalla.[3].

Notas editar

  1. Hai quen considera que este Roi Xordo é o mesmo que outorgou testamento na cidade da Coruña o 24 de decembro de 1457 (ver Uriarte Basadre). Ademais semella que este Roi Xordo das Mariñas, rexedor da Coruña, é o mesmo que finou violentamente no mes de xuño de 1458 a mans de Fernán Pérez de Andrade, O Mozo, e dos seus homes, segundo testemuña o seu tío Gómez Pérez das Mariñas I (ver Pardo de Guevara).
  2. Perez de Guzman, Fernan (1779). Crónica del señor don Juan, segundo de este nombre en Castilla y en Leon (en castelán). serian bien diez mil hombres y mas, é habían tomado por Capitán un Fidalgo que se llamaba Ruy Sordo, é traían un pendón de Santiago, é hicíéron todos una hermandad, é por toda la tierra los llamaban los hermanos 
  3. Burgoa, Juan Jose. "Los protagonistas del Ferrol medieval Roi Xordo y Pedro Padrón". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2022-09-04. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar