Coordenadas: 43°38′29″N 79°23′21″O / 43.641388888889, -79.389166666667

O Rogers Centre, anteriormente chamado SkyDome, é un parque de béisbol situado no centro de Toronto, Ontario (Canadá), xusto ao suroeste da Torre CN, cerca do Lago Ontario. Inaugurado en 1989, é o estadio local dos Toronto Blue Jays da Major League Baseball (MLB). Anteriormente tamén foi lar dos Toronto Argonauts da Canadian Football League (CFL) e dos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA). Os Buffalo Bills da National Football League (NFL) tamén xogaron unha serie de partidos anuais entre 2008 e 2013. Alén dos usos deportivos, tamén é utilizado para outros eventos como convencións, feiras de mostras ou concertos.

Rogers Centre
Datos
LocalizaciónToronto, Canadá
Nomes antigosSkyDome (1989–2005)
Construción
Construción3 de outubro de 1986
Inauguración3 de xuño de 1989
ArquitectoRod Robbie
EnxeñeiroAdjeleian Allen Rubeli Ltd.
Custo$570 millóns (2006)
Estadio
SuperficieAstroTurf 3D Xtreme with dirt infield (herba artificial)
DimensiónsLeft Field Line – 328 ft (100 m)
Left-Centre P.A. – 375 ft (114 m)
Centre Field – 400 ft (122 m)
Right-Centre P.A. − 375 ft (114 m)
Right Field Line – 328 ft (100 m)
Backstop – 60 ft (18 m)
Capacidade49.282 espectadores
Asist. máxima68.237 (17 de marzo de 2002)
WrestleMania X8 (WWE)
PropietarioRogers Communications
OperaradoraRogers Stadium Limited Partnership
LocalíaToronto Blue Jays ([MLB]], 1989– )
Toronto Raptors (NBA, 1995–1999)

O nome de Rodgers Centre é debido ao patrocinio de Rogers Communications, empresa tamén propietario da franquía.[1] No momento da súa construción destacou por ser o primeiro estadio con teito completamente retráctil motorizado, así como polo hotel adxunto con 348 habitacións, 70 das cales con vistas ao campo.[2] Foi tamén o último estadio de América do Norte construído para albergar simultaneamente xogos de béisbol e de fútbol (americano ou canadense). No ano 2015 o estadio acolleu as cerimonias de inauguración e clausura dos Xogos Panamericanos, sendo nomeado durante o evento como "Pan Am Dome" debido a que Rogers Communications non tiña acordo de patrocinio coa organización.

Notas editar

  1. "Goodbye SkyDome, hello Rogers Centre". CBC Sports. 2 de febreiro de 2005. 
  2. Ewen, John (5 de abril de 2012). "Power Ranking All 30 MLB Stadiums". Bleacher Report. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar