Roger Penrose

físico, filósofo e matemático inglés

Roger Penrose, nado en Colchester (Essex) o 8 de agosto de 1931, é un físico matemático inglés. É coñecido particularmente polas súas contribucións á teoría da relatividade xeral e á cosmoloxía. Tamén destacou no ámbito das matemáticas recreativas e a filosofía. Foi Premio Nobel de Física en 2020 xunto con Reinhard Genzel e Andrea Ghez.[1]

Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
Roger Penrose Premio Nobel

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Roger Penrose Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1931 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Colchester, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cátedra Rouse Ball de Matemática (pt) Traducir
1973 – 1999
← Charles CoulsonPhilip Candelas (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres (–1955)
Universidade de Cambridge (1955–1958)
University College School (pt) Traducir (1945–) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaTensor Methods in Algebraic Geometry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1958 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseJohn Arthur Todd (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, física matemática (pt) Traducir e matemáticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario , astrónomo , filósofo , físico , astrofísico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, Q65561104 Traducir. Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) Traducir (2011–)
Universidade de Leiden, Lorentz Chair (en) Traducir (2011–2011)
Gresham College (en) Traducir (1998–)
Universidade de Oxford (1973–1998)
Birkbeck College (1964–1973) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresWilliam Vallance Douglas Hodge (pt) Traducir, Hermann Bondi, Paul Dirac e Dennis William Sciama (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoClaude LeBrun (pt) Traducir, Tristan Needham (pt) Traducir, Richard Jozsa (en) Traducir, Richard S. Ward (pt) Traducir, Andrew Hodges, Asghar Qadir (pt) Traducir, Lane P. Hughston (pt) Traducir, Tim Poston (pt) Traducir, Adam D. Helfer (en) Traducir, Kenneth Paul Tod (en) Traducir, William Shaw (pt) Traducir, George A. J. Sparling (en) Traducir, George Burnett-Stuart (en) Traducir, Ross Moore (en) Traducir, Matthew L. Ginsberg (en) Traducir, Peter R. Law (en) Traducir, A. J. Goddard (en) Traducir, John M. McNamara (en) Traducir, Arthur Gary Ryman (en) Traducir, B. P. Jeffryes (en) Traducir, Robert J Low (en) Traducir, Alejandro Miguel Pilato (en) Traducir, Klaus G. Pulverer (en) Traducir, Thomas R. Hurd (en) Traducir, Alexander S. Popovic (en) Traducir, Robert James Baston (en) Traducir, Michael C. Sheppard (en) Traducir, Stephen A. Huggett (en) Traducir, John P. Moussouris (en) Traducir, Toby N. Bailey (en) Traducir, P. E. Jones (en) Traducir, Simon Williams (en) Traducir e Michael A. Singer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor Editar o valor em Wikidata
CónxuxeVanessa Thomas (en) Traducir (1988–)
Joan Isabel Wedge (en) Traducir (1959–1981), divorcio Editar o valor em Wikidata
PaisLionel Penrose (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Margaret Leathes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsShirley Hodgson, Jonathan Penrose (pt) Traducir e Oliver Penrose (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesRoland Penrose (pt) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0672295 Twitter: RogerPenrosePhy Dialnet: 274751 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Penrose é fillo do científico Lionel Penrose e de Margaret Leathes, e irmán do matemático Oliver Penrose e o xogador de xadrez Jonathan Penrose.

En 1955, cando era estudante reinventou a “inversa xeneralizada”, tamén coñecida como inversa Moore-Penrose.[2] Conseguiu o seu doutoramento en Cambridge en 1958, cunha tese sobre métodos tensores en xeometría alxébrica baixo a supervisión de John A. Todd. En 1965 Penrose e o físico Stephen Hawking probaron que aas singularidades poden formarse a partir do colapso de inmensas estrelas moribundas.[3]

En 1967 inventou a teoría de twistores que mapea obxectos xeométricos dun espazo de Minkowski nun espazo complexo en catro dimensións coa signatura métrica (2,2). En 1969 propuxo a hipótese da censura cósmica, que conxectura que o universo nos protexe da impredicibilidade inherente das singularidades (como os buracos negros) ocultándoos da vista. Esta forma coñécese actualmente como a hipótese feble da censura; en 1979, Penrose formulou unha versión máis firme chamada hipótese forte da censura. Xunto coa conxectura BKL e os problemas coa estabilidade non linear, resolver a conxectura da censura cósmico é un dos problemas máis importantes da teoría da relatividade.

Penrose é coñecido polo seu descubrimento en 1974 dos teselados que reciben o seu nome, que están formados de dúas teselas que só poden teselar o plano de forma aperiódica. En 1984 atopáronse padróns similares na organización de átomos en cuasicristais.

A súa contribución máis importante pode considerarse a invención das redes de spin (1971). Tamén influíu na popularización dos diagramas causales, coñecidos como diagramas de Penrose.

En 2020 recibe o Premio Nobel de Física.

Notas editar

  1. "The Nobel Prize in Physics 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-13. 
  2. Penrose, Roger (1955). "A Generalized Inverse for Matrices". Proc. Cambridge Phil. Soc. (51): 406–413. 
  3. (Ferguson, 1991:66)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar