Roger Kornberg

químico estadounidense

Roger David Kornberg, nado en St. Louis (Missouri) o 24 de abril de 1947, é un bioquímico estadounidense e profesor de bioloxía estrutural na Facultade de Medicina da Universidade Stanford.

Infotaula de personaRoger D. Kornberg

Roger D. Kornbergerda
Nome orixinal(en) Roger David Kornberg Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1947 (76 anos)
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeestadounidense
Educación
Director de teseHarden McConnell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porTransmisión de información xenética de ADN a ARN.
Actividade
Campo de traballoBioquímica
Ocupaciónbioquímico , profesor universitario , químico , biólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoGrant Jensen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeYahli Lorch
PaisArthur Kornberg Editar o valor em Wikidata  e Sylvy Kornberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Química (2006)
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Kornberg foi galardoado co Premio Nobel de Química en 2006 polos seus estudos do proceso mediante o cal a información xenética do ADN se copia no ARN. Seu pai, Arthur Kornberg, que tamén foi profesor na Universidade Stanford, foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1959.

Traxectoria editar

Kornberg naceu no seo dunha familia xudía. Foi o primeiro de tres fillos do bioquímico Arthur Kornberg e a súa dona, Sylvy, colaboradora súa. Kornberg obtivo a licenciatura en Química pola Universidade Harvard en 1967 e o doutoramento en fisicoquímica pola Universidade Stanford en 1972. Ao rematar a súa tese de doutoramento, fíxose investigador posdoutoral no laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge (Inglaterra).

Descubertas científicas editar

Todos os organismos están controlados mediante os seus xenes, que están codificados co ADN. O ADN atópase no núcleo das células. Cando unha célula manifesta un xene copia (transcribe) a secuencia do ADN dese xene na secuencia do ARN mensaxeiro (ARNm). O ARNm sae do núcleo e transpórtase ata os ribosomas. Entón, os ribosomas len o ARNm e traducen o código creando os correspondentes aminoácidos que compoñen as proteínas.

O ADN transmítese ao ARNm mediante dunha enzima, ARN polimerase II, e outras moitas proteínas. Por medio de lévedo, Kornberg identificou o papel da polimerase II do ARN e doutras proteínas na transcrición do ADN. Polimerase II úsase en tódolos organismos eucariontes, incluíndo aos humanos, para transcribir ADN.

Kornberg e o seu grupo de investigación fixeron varios descubrimentos fundamentais relativos aos mecanismos e á regulación da transcrición eucariótica. Durante os anos 70, Kornberg descubriu, xunto con varios colaboradores, o nucleosoma como a estrutura básica onde se empaqueta o ADN nuclear das células eucarióticas. Kornberg atopou que o nucleosoma contén ADN (aproximadamente 200 pares de bases) enrolado nun octámeto de histonas.

O grupo de investigación de Kornberg en Stanford desenvolveu con éxito un sistema de transcrición a partir de lévedo de panadeiro, un organismo unicelular eucarionte, que despois utilizaron para illar tódalas proteínas necesarias para o proceso de transcrición. O traballo de Kornberg e outros clarificou que estes compoñentes proteicos se conservan en todos os eucariontes, dende o lévedo ata as células humanas. A partir deste sistema, Kornberg fixo o importante descubrimento de que a transmisión dos sinais reguladores de expresión dos xenes á maquinaria da ARN polimerase se leva a cabo mediante un complexo proteico adicional que denominaron mediador.

Ao mesmo tempo que realizou estes estudos biomédicos do proceso de transcrición, dedicou dúas décadas ao desenvolvemento de métodos para visualizar a estrutura atómica da ARN polimerase e as súas compoñentes asociadas. Kornberg enxeñou unha técnica para a formación de cristais proteicos bidimensionais en membranas lípidas de dúas capas, e obtivo imaxes de baixa resolución desta estrutura proteica mediante microscopía electrónica. Finalmente, Kornberg foi capaz de resolver a estrutura tridimensional da ARN polimerase con resolución atómica mediante cristalografía de raios X. A estrutura da ARN polimerase obtida por Kornberg é a estrutura proteica máis complexa resolta ata o momento. Baseándose nos seus descubrimentos, Konberg creou unha versión de como funciona a transcrición a nivel molecular.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Robert H. Grubbs,
Richard R. Schrock
e
Yves Chauvin
Premio Nobel de Química
 

2006
Sucesor:
Gerhard Ertl