Rogelio Martínez Garzón

comerciante e político galego

Rogelio Martínez Garzón, nado en Marín en 1857 e finado en Tanti (provincia de Córdoba) o 20 de abril de 1912, foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaRogelio Martínez Garzón
Nome orixinal(es) Rogelio Martínez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1857 Editar o valor em Wikidata
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1912 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Tanti, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Autonomista Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEnrique Martínez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Martínez Touza e Rosa Garzón. En 1876, con 21 anos, emigrou a Arxentina xunto co seu irmán Heriberto, onde tiñan algúns familiares. En 1881 casou con Isabel Berrotarán. En Córdoba traballou nun comercio, e chegou a converterse en socio do propietario, participando despois noutras sociedades. Na década de 1890 foi vicecónsul honorario de España.

Encabezou o núcleo de comerciantes que o 5 de setembro de 1900 fundaron a Bolsa de Comercio de Córdoba. Paralelamente, iniciou a súa actividade política no Concello de Córdoba; sendo concelleiro durante varios períodos en representación do Partido Autonomista Nacional.

A Bolsa de Comercio apoiaba a unha facción do partido (á que pertencía Martínez) que discrepou co aumento dos impostos municipais. Finalmente constituíuse a alianza denominada Comité del Comercio. En 1908 o Comité del Comercio denunciou fraude nas eleccións para intendente, nomeándose unha Comisión Administradora, que presidiu. Nos novos comicios, realizados o 3 de xaneiro de 1909, venceu a lista do seu partido, que Martínez encabezaba.

Presidiu o Concejo Deliberante de la Ciudad de Córdoba en 1911, adheríndose despois á facción principista do radicalismo, que formou a Unión Autonómica Cívica Radical. Foi senador provincial polo departamento San Alberto en representación de dito partido. En consecuencia, foi expulsado da UCR.

Foi pai de Enrique Martínez Berrotarán, gobernador da provincia de Córdoba e vicepresidente da Arxentina (1928-1930).

Un barrio da cidade de Córdoba leva o seu nome.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Elencos políticos argentinos (en castelán).
  • Historia de la Bolsa de Comercio de Córdoba 1900-1975, C. Luque Colombres, 1975.
  • Grupos sociales dominantes, G. Beato, 1993.
  • Cahiers des Amériques latines, N° 51-53, Institut des hautes études de l’Amérique latine, 2006.