Unha roca, máquina de fiar, torno de fiar ou fiadeira é un instrumento para fiar manualmente fibras téxtiles. Supuxo un avance na tecnoloxía dos tecidos desenvolvido na China ou na India entre os anos 500 e 1000 d.C.

A roca permite unha maior velocidade de fiado e produce un fío máis homoxéneo e resistente. Válese dunha roda accionada de diversas maneiras (movida en última instancia coa man ou co pé) que fai xirar o equivalente do fuso a moita velocidade e imprímelle unha torsión ao fío. Anteriormente á súa invención, a persoa que fiaba tiña que xuntar as fibras, facelas un nobelo e ademais transmitirlle ao tecido a torsión utilizando o fuso.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar