Robur Carolinum, o carballo de Carlos, é unha constelación obsoleta creada por Edmund Halley no 1679 con estrelas da Argo Navis. Halley creouna na honra do seu patrón Carlos II de Inglaterra, para conmemora-lo carballo no que o rei Carlos se agochara durante 24 horas despois da súa derrota provocada por Oliver Cromwell a mans das forzas republicanas na batalla de Worcester.

Robur Carolinum e Argo Navis.

En [1676]], Halley navegou á illa de Santa Helena, no sur do océano Atlántico, para observa-las estrelas do sur. El presentou os seus resultados á Royal Society de Londres ó seu regreso no 1678 e o ano seguinte publicou o seu catálogo de estrelas do sur, Catalogus Stellarum Australium, acompañados dun mapa. Halley describiu a súa nova constelación coma unha "perpetua memoria" do Rei, pero resultou ser menos permanente do que a calquera deles lles tería gustado. Robur Carolinum foi rexeitada polo astrónomo francés Nicolas Louis de Lacaille, quen realizou un mapa das estrelas do sur moito máis completo 75 anos despois de Halley, e a meirande parte dos astrónomos seguiron o seu exemplo, aínda que Johann Elert Bode incluíuna no seu atlas de 1801 coma Robur Caroli II.

Hoxe en día Robur Carolinum forma parte das constelacións de Carina e Vela, e estaba situada na parte oriental das mesmas. A Vía Láctea atravesaba esta antiga constelación que contiña algunhas estrelas brillantes coma μ Velorum (magnitude aparente 2,69), θ Carinae (magnitude 2,74) e ω Carinae (magnitude 3,29).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Constelacións obsoletas incluíndo Argo Navis de Ptolomeo

Anser | Antinoo | Argo Navis | Asterion | Cancer Minor | Cerberus | Chara | Custos Messium | Felis | Frederici Honores/Gloria Frederici | Gallus | Globus Aerostaticus | Jordanus | Lochium Funis | Machina Electrica | Malus | Mons Maenalus | Musca Borealis | Noctua | Officina Typographica | Polophylax | Psalterium Georgii/Harpa Georgii | Quadrans Muralis | Ramus Pomifer | Robur Carolinum | Sceptrum Brandenburgicum | Sceptrum et Manus Iustitiae | Solarium | Tarandus vel Rangifer | Taurus Poniatovii | Telescopium Herschelii | Testudo | Tigris | Triangulum Minor | Turdus Solitarius | Vultur