O Robinson R44 é un helicóptero lixeiro de catro asentos producido por Robinson Helicopter Company dende 1992. Baseado no Robinson R22 de dous asentos, o R44 vonta con controis de voo asistidos hidraulicamente. Voou por primeira vez o 31 de marzo de 1990 e recibiu a certificación da FAA en decembro de 1992, sendo entregado o primeiro exemplar en febreiro de 1993.

Robinson R44
Tipohelicóptero utilitario lixeiro
FabricanteRobinson Helicopter Company
Primeiro voo31 de marzo de 1990
Introducido1993
Produción1990-presente
Unidades construídasmáis de 5 800

O R44 vén sendo o helicóptero de aviación xeral máis vendido no mundo dende 1999. Trátase do aparello deste tipo máis fabricado do século XXI, con 5 805 entregas dende o ano 2000 ata 2017.[1][2]

Deseño e desenvolvemento editar

O R44 é un helicóptero dun motor cun rotor principal semi-ríxido de dúas palas, un rotor de cola tamén de dúas palas e un tren de aterraxe formado por patíns. Ten unha cabina pechada con dúas filas de asentos para o piloto e tres pasaxeiros. A dirección de rotación do rotor de cola do R44 vai ao revés que no R22 para mellorar o control de guiñada. No R44 the advancing blade is on the bottom.

Deseñado durante os anos 80 por Frank Robinson e os seus enxeñeiros, o R44 voou por vez primeira o 31 de marzo de 1990. O R44 Astro recibiu a certificación de tipo da FAA en decembro de 1992, sendo entregados os primeiros exemplares en xaneiro de 1993. O primeiro R44 Newscopter que contaba cun equipo de recollida de noticias electrónica a bordo foi entregado en 1998.[3] En xaneiro do ano 2000 Robinson introduciu o Raven con controis asistidos hidráulicamente e pedais axustables.[4] En xullo de 2002 Robinson introduciu o Raven II cun motor de inxección de combustible máis potente e palas máis anchas, permitindo un maior peso bruto e un mellor rendemento de altitude.

Durante novembro de 2015 Robinson anunciou o Cadet, un Raven I cunha zona de carga en vez dos dous asentos traseiros, un motor un pouco menos potente e un silenciador máis eficiente.[5]

Notas editar

  1. "2013 General Aviation Statistical Databook & 2014 Industry Outlook" (PDF). General Aviation Manufacturers Association. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. "2016 General Aviation Statistical Databook & 2017 Industry Outlook" (PDF). General Aviation Manufacturers Association. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  3. "Timeline - February 1998". Robinson. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  4. "Robinson R44 Raven I". Greenspun, Philip. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  5. "Robinson Introduces the Two-Place R44 Cadet". Robinson. Consultado o 15 de novembro de 2018.