Roberto Locatelli

Roberto Locatelli (nado en Bérgamo, Lombardía) o 5 de xullo de 1974, e un piloto de motociclismo italiano.

Infotaula de personaRoberto Locatelli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Bérgamo, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor em Wikidata

Os comezos editar

En 1993, con 19 anos, Locatelli consegue o campionato italiano de motociclismo. En 1994 debuta no Campionato do Mundo de Motociclismo, na categoría de 125cc pola súa conta e obtén sorprendentemente a pole position no Gran Premio de Italia, aínda que na meta só puido ser décimo. En 1995 e 1996 corre sobre unha aprilia de 250cc, pero sen conseguir resultados interesantes.

En 1997 regresa a 125cc, pero neste caso sobre unha honda, se ben é traspasado de novo a Aprilia para a última carreira do campionato. En 1998 comezan a funcionar as cousas pouco e pouco para Locatelli. Con Honda conquistou tres poles, aínda que o seu mellor resultado final foi unha terceira praza no Gran Premio de Alemaña.

Os Grandes Premios editar

En 1999 volveu a Aprilia, e conseguiu finalmente os seus primeiros grandes premios, Gran Premio de Francia e Gran Premio de Italia e remata o campionato mundial de cuarto. En 2000 vence nos grandes premios de Malaisia, Italia, República Checa, España, Xapón, e consegue o seu primeiro campionato do mundo con 230 puntos, sempre sobre 125cc.

Acadado xa o éxito, iniciou un período de experimentación, e probou sorte na cilindrada de 250cc, pero en escudarías de terceira fila: primeiro foi coa que promovía o cantante de rock Vasco Rossi, logo co cantante de canción lixeira Eros Ramazzotti e despois de dous anos desastrosos regresou a 125cc con KTM, unha moto que aínda estaba en probas e que lle permitiu colleitar unicamente 18 puntos.

En 2004 Locatelli rexorde coa volta a Aprilia, consegue as vitorias de Italia e Alemaña e leva tamén unha pole. Obtén 192 puntos finais, e queda de terceiro na clasificación xeral dun campionato do mundo que vai parar ás luvas de Andrea Dovizioso. Como os pilotos de máis de 28 anos non poden correr en 125cc, en 2005 tivo que mudarse a 250, pero a unha escudaría menor, a de Lucio Cecchinello, cuns resultados moi discretos. En 2006 ficha por Toth, e malia rodar cunha moto vella, obtén dous podios (segundo en Valencia e terceiro en Qatar), e ademais remata quinto na táboa clasificatoria final.

En 2007 ficha por Gilera. O 24 de marzo sofre unha gravísima caída no Gran Premio de España.

Mide 1,72 metros e pesa 65 quilos.