Robert I de Bar, nado o 8 de novembro de 1344 e finado o 12 de abril de 1411 foi un nobre francés que foi marqués e margrave de Pont-à-Mousson e conde de Bar de 1352 a 1354, e despois duque de Bar de 1354 a 1411.

Robero I de Bar
Marqués de Pont-à-Mousson
Margrave de Pont-à-Mousson
Conde de Bar
Duque de Bar
Selo de Roberto I de Bar
Conde de Bar
1352 - 1354
Duque de Bar
1354 a 1411

ReinadoMaio de 135212 de abril de 1411
Nome completoRobert Ier de Bar
Nacemento8 de novembro de 1344
Lugar descoñcido
Falecemento12 de abril de 1411
Lugar descoñecido
SepulturaColexiata de Saint-Maxe de Bar-le-Duc
PredecesorEduardo II de Bar
SucesorEduardo III de Bar
ConsorteMaría de Valois
DescendenciaVéxase: Matrimonio e descendencia
Casa realCasa de Scarpone
ProxenitoresHenrique IV de Bar
Iolanda de Flandres

Escudo de Roberto I de Bar
Armas dos condes e os duques de Bar
Na rede
WikiTree: Bar-le-Duc-22

Era o fillo segundoxénito de Henrique IV, conde de Bar, e de Iolanda de Flandres.[1]

Traxectoria editar

Roberto tiña menos dun ano cando o seu pai morreu e o seu irmán máis vello, Eduardo II, herdou o Conado de Bar baixo a rexencia da súa nai. Como ambos os dous irmáns eran de constitución débil, Iolanda pediulle ao papa Clemente VI a autorización, para estes fillos, a autoritzación para que puideran comer carne durante os períodos de abstinencia, autorización que lle foi concedida.

Cando o seu irmán máis vello morreu, Roberto non tiña máis que uns sete anos, e o problema da rexencia planeouse de maneira diferente que sete anos antes. En efecto, a súa nai estaba a punto de casar de novo con Filipe de Navarra, conde de Longueville, da dinastía de Évreux, que disputaba o reino a Xoán II de Francia. Doutra banda, Xoana de Bar (1295 -1361), condesa de Warren, filla do conde Henrique III de Bar, fíxolle saber ao rei que estaba lista para asumir a rexencia. En 1297 o rei Filipe IV de Francia invadira o Barrois porque o conde Henrique III axudara ao seu sogro, Eduardo I de Inglaterra, cando este último intervira contra Francia na Guerra franco-flamenga.[2] Polo tratado de Bruxas de 1301 que puxo fin a esta guerra, Henrique viuse obrigado a recoñecer todo o territorio do seu condado ao oeste do río Mosa,[2] [3] e polo tanto, sometido ao Parlamento de París. Este Parlamento, por orde de 5 de xuño de 1352, decidiu que o Barrois era un feudo real e conferiu a rexencia a Xoana de Bar o 27 de xulio de 1352. Iolanda de Flandres, que nun principio renunciara á rexencia, revocou a súa decisión e preparou as súas tropa para combater a Xoana de Bar. O rei Xoán II tivo que intervir e obrigou a Iolanda a renunciar o 2 de xullo de 1353.

En 1354 o conde de Bar tomou o título ducal e, recoñecido polo rei Xoán II, preparando o matrimonio da súa filla María.[3] Ademais, nomeouno un par de Francia.[2] O mesmo ano, outra posesión de Roberto, o señorío de Pont-à-Mousson, foi elevado a marquesado e margraviado polo emperador Carlos IV.[4] [5] Porén, os gobernantes de Bar non foron nomeados duques polo emperador. Este margraviado foi frecuentemente entregado polos duques de Bar aos seus herdeiros.

Nese mesmo ano o emperador elevou o Condado de Luxemburgo a Ducado, e Bar quedou entre dous ducados, Luxemburgo e Lorena Superior.[6] O título ducal foi, porén, finalmente aceptado, e o rexistro fiscal imperial de 1532 documenta o "Ducado do Mosa" (Herzogtum von der Maß) como un membro votante do Reichstag.

A derrota do exército francés na batalla de Poitiers (1356) privou a Xoana de Bar da axuda do rei, que foi tomado prisioneiro. Iolanda retomou a rexencia, e Roberto foi armado cabaleiro en decembro dese ano.

Roberto I foi declarado maior de idade o 8 de novembro de 1359 e va asistiu á coroación do rei Carlos V de Francia en Reims o 19 de maio de 1364 e, despois, á de Carlos VI de Francia o 4 de novembro de 1380.

Durante o reinado de Carlos V, Roberto participou, en 1374, en varias expedicións militares destinades a espulsar aos ingleses de Normandía.

En 1401, Roberto cedeu o Ducado ao seu fillo Eduardo III, pero reservando o usufruto para el, separando ao seu neto Roberto (fillo de Henrique de Bar). O xove Roberto opúxose a isto, sen éxito, nun proceso no Parlamento de París que durou desde 1406 a 1409.

A loucura de Carlos VI enfrontou ao duque de Orleáns Luís de Orleáns co duque de Borgoña Xoán sen Medo. Roberto I, do cal os seus Estados eran fronteirizos con Francia e co Ducado de Borgoña, apoiou ao duque de Orleáns pero, tras o asasinato deste último, permaneceu cada vez máis no seu Ducado a causa das súas crises de gota que lle impedían camiñar.

O duque Roberto I faleceu o 12 de abril de 1411, e foi sepultado na colexiata de Saint-Maxe de Bar-le-Duc (no Castelo dos duques de Bar).

Matrimonio e descendencia editar

Roberto casou en 1364 con María de Valois, filla do rei de Fracia Xoán II o Bo e de Bona de Luxemburgo. O matrimonio tivo o seguintes fillos:

Predecesor:
Eduardo II
 
Conde de Bar

1353 - 1354
Sucesor:
El mesmo, asume o título de Duque
Predecesor:
El mesmo, como conde de Bar
 
Duque de Bar

1354 - 1411
Sucesor:
Eduardo III

Notas editar

  1. d'Arras 2012, p. 234.
  2. 2,0 2,1 2,2 Evergates 1995, p. 96.
  3. 3,0 3,1 Spangler 2009, p. 56.
  4. Brachmann 2011, p. 155.
  5. Arnold 1991, p. 100.
  6. Arnold 1991, p. 263.
  7. Lacarra Lanz 2002, p. 59-60.
  8. Violant de Bar Arquivado 08 de agosto de 2016 en Wayback Machine. no Diccionari biogràfic de dones.
  9. Condes e duques de Bar en Medieval Lands (en inglés).
  10. Duques de Bar - genealogy (en inglés).
  11. Brachmann 2011, p. 158.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnold, Benjamin (199). Princes and Territories in Medieval Germany. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5215-2148-2. 
  • d'Arras, Jean (2012). Melusine; or, The Noble History of Lusignan (en inglés). Traducido por Maddox, Donald. Philadelphia: The Pennsylvania State University Press. ISBN 978-0-271-05415-5. 
  • Brachmann, Christoph (2011). "The Crusade of Nicopolis, Burgundy, and the Entombment of Christ at Pont-a-Mousson". Journal of the Warburg and Courtauld Institutes (en inglés). Vol. 74. 
  • Evergates, Theodore (1995). "Bar-le-Duc". En Kibler, William W.; Zinn, Grover A.; Henneman Jr, John Bell e Earp, Lawrence, Medieval France: An Encyplopedia (en inglés). London: Taylor & Francis. p. 96. ISBN 978-0-8240-4444-2. 
  • Lacarra Lanz, Eukene, ed. (2002). Marriage and Sexuality in Medieval and Early Modern Iberia (en inglés). Abingdon-on-Thames, UK: Routledge. ISBN 978-0-4159-3634-7. 
  • Poull, Georges (1994). La Maison souveraine et ducale de Bar (en francés). Nancy: Presses universitaires de Nancy. ISBN 2-8648-0831-5. 
  • Spangler, Jonathan (2009). The Society of Princes: The Lorraine-Guise and the Conservation of Power and Wealth in Seventeenth-Century France (en inglés). Farnham, Surrey, UK: Ashgate. ISBN 978-0-7546-5860-3. 

Outros artigos editar