Robert Robinson

químico inglés


Sir Robert Robinson, nado o 13 de setembro de 1886 en Chesterfield (Inglaterra) e finado o 8 de febreiro de 1975 en Great Missenden, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1947.

Infotaula de personaRobert Robinson
Nome orixinal(en) Robert Robinson Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1886
Rufford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1975
Great Missenden BuckinghamshireReino Unido Reino Unido
Lugar de sepulturacemiterio de Kensal Green Editar o valor em Wikidata
48º Presidente da Royal Society
1945 – 1950
← Henry Hallett DaleEdgar Douglas Adrian → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReino Unido Reino Unido
País de nacionalidadeinglés
EducaciónUniversidade de Manchester
Director de teseWilliam Henry Perkin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porSíntesis orgánica
Actividade
Campo de traballoQuímica orgánica
Ocupaciónquímico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMagdalen College, profesor emérito, honorary professor (en) Traducir (1955–)
Universidade de Oxford (1930–1955)
Universidade de Londres (1928–1930)
Universidade de Manchester (1922–1928)
Universidade de St Andrews (1921–1922)
Universidade de Liverpool (1915–1920)
University of Sydney School of Chemistry (en) Traducir, catedrático (1912–1915) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoArthur John Birch
William Sage Rapson
Familia
CónxuxeGertrude Maud Walsh (1912)
Premios
Premio Nobel de Química (1947)
Medalla Faraday
Medalla Davy (1930)
Medalla Royal (1932)

Traxectoria editar

Estudou química na Universidade de Manchester, e posteriormente foi profesor de química en diversas universidades, entre elas na Universidade de Oxford entre 1930 e 1954. Foi xefe do laboratorio Dyson Perrins durante este mesmo período.

En 1931 foi nomeado Cabaleiro do Imperio Británico polo rei Xurxo V e entre 1945 e 1950 foi presidente da Royal Society de Londres.

Robinson faleceu o 8 de febreiro de 1975 na súa residencia de Great Missenden, situada no condado de Buckinghamshire.

Investigacións científicas editar

Iniciou as súas investigacións ao redor dos compostos orgánicos, especialmente no campo da bioxenética. Sintetizou os pigmentos vermello, azul e violeta das flores, que utilizou para a investigación xenética da coloración destas.

Foi codescubridor da síntese das hormonas sexuais hexestrol e estilbestrol, e contribuíu a sintetizar a penicilina durante a segunda guerra mundial. Así mesmo fixo un importante descubrimento sobre os derivados da pirimidina e as súas relacións coa vitamina B.

En 1947 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa investigación sobre produtos vexetais (antocianinas), especialmente os alcaloides. Tamén foi laureado da Medalla Faraday, a Medalla Davy en 1930 e da Medalla Royal en 1932.

Posteriormente axudou a aclarar a estrutura molecular de compostos, por exemplo: estricnina, a nicotina e a morfina, e contribuíu ao desenvolvemento de drogas contra a malaria. Un dos seus logros é a síntese da tropinona.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
James Batcheller Sumner,
John Howard Northrop e
Wendell Meredith Stanley
Premio Nobel de Química
 

1946
Sucesor:
Arne Wilhelm Kaurin Tiselius