Robert Kalina

deseñador de billetes austríaco

Robert Kalina, nado en Viena o 29 de xuño de 1955, é un deseñador gráfico austríaco, vinculado ao Banco Nacional de Austria.

Robert Kalina


Primeira serie de billetes de euro (2002) e billete austríaco de 1,000 xilins de 1997, deseñados por Kalina
Nacemento29 de xuño de 1955
 Viena
Austria Austria
ÁreaDeseño gráfico e gravado
ObrasBilletes de euro da primeira serie.
Billetes Acerbaixán, de Siria e de Bosnia e Hercegovina.
NacionalidadeAustria Austríaca
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Robert Kalina graduouse en 1975 no Instituto Superior de Deseño Gráfico e Investigación e só un ano despois pasou a formar parte do cadro de persoal do banco nacional do seu país, onde comezou a súa carreira de deseñador de billetes cos seus proxectos para as emisións en xilins do seu país en 1982. A partir dese ano foi o autor dos deseños de todos os billetes emitidos por Austria ata 2002.[1]

Como artista autor da proposta presentada pol Banco Nacional de Austria, resultou gañador en 1996 da competición para elixir o deseño da primeira serie dos billetes de euro que empezarían a circular o 1 de xaneiro de 2002. A elección do seu proxecto entre os 44 participantes produciuse no consello do Instituto Monetario Europeo do 3 de decembro de 1996.[2] A súa proposta rompeu coa tradición de representar persoeiros de relevancia histórica e aplicou motivos vinculados á historia da construción europea a través de pontes, portas e fiestras en diferentes estilos arquitectónicos característicos de todo o continente, como metáfora do espírito de apertura, unión e cooperación da Unión Europea.[3][4]

En 2013 realizouse un redeseño destes billetes, para o BCE escolleu un deseñador independente, o alemán Reinhold Gerstetter, que non variou a esencia dos deseños iniciais de Kalina.[5][6]

A Kalina débenselle tamén os deseños doutros billetes de diversos países, como os acerbaixanos con valor facial en manats, a serie de Libia de 2010 con valor en libras, e o billete de 200 marcos convertibles da serie de 2002 de Bosnia e Hercegovina, cunha ponte no reverso que lembra os da serie de euros do mesmo ano.[7]

En 2011, Kalina xubilouse como empregado do Banco Nacional de Austria.[8]

Premios editar

  • Cruz de Honra das Ciencias e as Artes de Austria (1ª clase).
  • 2011: Medalla de Ouro polos Servizos Prestados á República de Austria.
  • 2017: Premio do título de Berufstitels Professor.[9]

Galería de deseños de Robert Kalina editar

Billetes en xilins austríacos editar

Billetes de Acerbaixan en manats editar

Billetes en euros editar

Notas editar

  1. "Robert Kalina – Schöpfer der Euro Banknoten". En www.geldschein.at.
  2. "Concurso de diseño de la primera serie de billetes en euros Arquivado 15 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". Banco Central Europeo.
  3. ECB (2009). Páxinas 82-83.
  4. "¿Cómo se pensaron y diseñaron los billetes del euro?". En Nuevatribuna.es. 7 de xullo de 2017
  5. Gerstetter, Reinhold. "Trajes nuevos para el euro Arquivado 10 de agosto de 2018 en Wayback Machine.". En Billetería. Nº 10. Banco de España. Páxina 21.
  6. "Reinhold Gerstetter – Designer der zweiten Euro Serie (Europa-Serie)". En www.geldschein.at.
  7. "Azerbaijan New Manat". En Oanda.com.
  8. ""trend": Euro-Designer Robert Kalina geht mit 55 in Pension". En APA-OTS. 30 de xaneiro de 2011.
  9. "OeNB-Grafiker Robert Kalina erhielt Professorentitel". En APA-OTS. 5 de maio de 2017.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar