Robert Carson (numismático)

Numismático escocés


Robert Andrew Glendinning Carson (citado habitualmente como R. A. G. Carson), nado o 7 de abril de 1918 en Kircudbright, Escocia, e finado o 24 de marzo de 2006, foi un numismático británico.[1][2]

Infotaula de personaRobert Andrew Glendinning Carson
(Robert Carson)
Biografía
Nacemento7 de abril de 1918
Escocia, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 2006 (87 anos)
25º President of the Royal Numismatic Society (en) Traducir
1974 – 1979
← Colin M. KraayDavid Grenville Sellwood (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
EducaciónGlasgow Caledonian University
Museo Británico
Coñecido porEstudos e catalogación da moeda romana
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático , erudito clásico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFransisca de Bries
Premios
- Premio Lhotka (1963).
- Medalla de prata da Sociedade Numismática de Francia (1970).
- Jeton de Vermeil, da Société Française de Numismatique (1971)
- Medalla (1972) e membro honorario (1980) da Royal Numismatic Society
- Medalla de prata do Xubileu da Raíña de Inglaterra (1977).
- Medalla Huntington da American Numismatic Society (1978).
- Doutor Honoris Causa pola Universidade de Glasgow

Traxectoria editar

Robert Carson recibiu a súa educación secundaria na Nikcudbright Academy, na súa localidade natal. Xa na súa formación superior na Glasgow Caledonian University, na capital escocesa, obtivo as máximas cualificacións en estudos clásicos, onde tivo docentes como Anne S. Robertson, conservadora do Hunterian Museum, arqueóloga e numismática especialista na moeda da Antiga Roma. Serviu na Artillaría Real como capitán no noroeste de Europa. En 1949 casou con Fransisca de Vries e tivo dous fillos.[3]

En 1947, entrou a formar parte do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, como conservador axudante, o que afianzou a súa vinculación co estudo do mundo clásico. Alí formouse en numismática romana baixo a orientación de Harold Mattingly, ata chegar a ser considerado como un experto nesta materia. En 1965 foi nomeado conservador substituto e entre 1978 e 1983 ocupou o posto de conservador titular.[4]

Carson encargouse de facer a primeira base de datos numismática do Museo Británico, constituída polos seus fondos de moeda romana. No seu labor como conservador numismático, amosouse contrario á lexislación británica do seu tempo, que só ofrecía protección legal ás moedas procedentes de tesouros de ouro e de prata. Neste sentido, fixo valer as posibilidades que brindaba a moderna análise metalográfica para demostrar que mesmo as moedas de metais non nobres de finais do Imperio Romano, ao teren entre o 1 % e o 2 % de prata, eran tamén merecedoras de tal protección. Deste xeito, conseguiu que moitos importantes achados que poderían quedar dispersos fosen catalogados e adquiridos por museos. Con todo, a situación reverteu en 1982 cando, logo dun cambio lexislativo, se decidiu limitar a protección especial ás pezas que tivesen como mínimo un 50 % de prata. Cumpriron outros 14 anos para que unha nova lei, a Treasure Act (1996) achegase unha definición obxectiva de "tesouro", independentemente da riqueza do metal.[5]

Mesmo despois da súa xubilación, Carson continuou coas súas investigacións sobre a moeda romana, e colaborou con departamentos de numismática de museos australianos de Sydney e de Hobart, así como coa Australian Numismatic Society.[6]

Obra numismática editar

Durante o seu primeiro ano no Museo Británico, Carson fixo as súas dúas primeiras publicacións acerca de achados de moedas romanas, na Numismatic Chronicle, publicación anual da Royal Numismatic Society, e nos 55 anos seguintes escribiu arredor de 350 artigos, moitos destes editados en Numismatic Chronicle, onde Carson publicou entre 1964 e 1973. O derradeiro artigo seu que viu a luz, a cerca de achados de moeda romana en Xordania, apareceu en 2001. Das súas máis de 30 monografías, algunhas están consideradas como referencia para o estudo da numismática do período romano.[7][8][9]

Publicacións de referencia editar

Carson centrou os seus empeños no coñecemento, o procesamento e a publicación de detalles dos achados monetarios da Britania romana. Levou a cabo traballos analíticos, entre eles Late Roman Bronze Coinage (1960), compilado en colaboración con John Kent e Philip Hill, onde se establece a identificación e a clasificación dos bronces cuñados entre 324 e 491, un período caracterizado polo grande volume e a complexidade das emisións.

En 1962 (con revisión posterior en 1972), Carson publicou Coins, Ancient, Medieval and Modern (Hutchinson, Londres), unha obra xeral de referencia. En 1986 saíu do prelo A History of the Royal Numismatic Society,, co gallo do 150 aniversario da institución.[10] E en 1990 publicou a derradeira das súas grandes obras: Coins of the Roman Empire (Routledge. Londres).

The Roman Imperial Coinage

Artigo principal: The Roman Imperial Coinage.

No seu labor como editor iniciado en 1949, supervisou e impulsou a conclusión do catálogo monumenmtal en 10 volumes The Roman Imperial Coinage, referencia para o estudo na moeda imperial romana que comezara a compendiarse a partir de 1923 da man de Harold Mattingly e que continuara nas décadas seguintes coa colaboración de Humphrey Sutherland e outros eruditos. Logo do falecemento de Mattingly, Carson e Sutherland asumiron conxuntamente a dirección editorial dos traballos.

Outras publicacións editar

  • (1952): A guide to the exhibition of Roman coins in the British Museum. British Museum.
  • (1956): The History of British Coinage. National Saving Committee.
  • (1956): Essays in Roman coinage presented to Harold Mattingly. Con H. Sucerland. Oxford University Press.
  • (1956): Constantinian hoards and other studies in the later roman bronze coinage. Oxford University Press.
  • (1957): Some aspects of the Victorian medal.
  • (1958): Coins without frontiers. Londres.
  • (1959): The mints and coinage of Carausius and Allectus. Londres.
  • (1962): Coins of the Roman Empire in the British Museum. Vol. 6. British Museum. Londres.
  • (1962): Coins of the World. Harper. Nova York.
  • (1964): A city of scattered earth. McGraw Hill. Nova York.
  • (1965): Harold Mattingly, 1884-1964. Londres.
  • (1968): The Hamâ hoard and the eastern mints of Valerian and Gallienus. Munksgaard. Copenhage.
  • (1971): Coins of Grece and Rome. Radius. Londres.
  • (1971): Coins of Europe. Hutchinson. Londres. ISBN 9780091048211
  • (1971): Coins of America, Africa, Australasia and Asia. Hutchinson. Londres. ISBN 9780091048310
  • (1971): Mints, Dies and Currency; essays dedicated to the memory of Albert Baldwin. Methuen, Londres. ISBN 9780416089103
  • (1977): A catalogue of the Roman coins from Newgrange, Co. Meath and notes on the coins and related finds. Royal Irish Academy. Dublin.
  • (1977). The Geneva Forgeries. Attic Books.
  • (1978): Scripta nummaria romana: essays presented to Humphrey Sutherland (con Colin M. Kraay). Spink and Son. Londres.
  • (1979): Essays in Roman coinage presented to Harold Mattingly. Scientia Verlag, 1979. Aalen.
  • (1979): Recent coin hoards from Roman Britain. Con A. Burnett e C. M. Johns. British Museum. Londres.
  • (1979): A survey of numismatic research 1972-77. Con P. Berghaus e N. Lowuk. International Association of Professional Numismatists.
  • (1980): Principal Coins of the Romans. Volume II. British Museum Publications.
  • (1981): La numismatique : source de l'histoire de l'art et de l'histoire des idées. Con Octavian Ilescu. Comission Internationale de Numismatique. Bucarest.
  • (1986): Carol Humphrey Vivian Sutherland, 1908-1986. Proceedings of the British Academy. Oxford University Press.

Honras e recoñecementos editar

Logo de ser elixido en 1947 membro da Royal Numismatic Society (que presidiu entre 1974 e 1979), foi galardoado coa súa prestixiosa medalla en 1972 e co premio Lhotka en 1963, e foi elevado a membro honorario da institución en 1980.[11][12] En 1965 foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios.

Tamén mereceu a medalla de prata da Sociedade Francesa de Numismática, en 1970, e co Jeton de Vermeil, desta mesma entidade, en 1971.[13] En 1977 foi galardoado coa medalla de prata do Xubileu da Raíña de Inglaterra e en 1978 coa medalla Huntington da American Numismatic Society.[14]

Tamén foi membro da British Academy (1980) e foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Glasgow (1983). Carson recibiu tamén distincións e medallas en países como Francia, Austria, Finlandia, os Estados Unidos, Luxemburgo e Australia, e foi presidente da Comisión Numismática Internacional (1979-1986).[15]

Notas editar

  1. "Robert Carson. The British Museum's expert in unravelling mysteries of Imperial Rome's coinage". Obituario en The Guardian. 18 de abril de 2006.
  2. "Robert Carson. Numismatist and lecturer specialising in Roman coinage whose career at the British Museum lasted more than three decades". En The Sunday Times. 18 de aril de 2006.
  3. Burnett, Andrew. "Robert Carson (7 April 1918 - 24 March 2006) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  4. Burnett, Andrew & Bland, Roger. (2008) "Robert Andrew Glendinning Carson 1918–2006". En Proceedings of the British Academy. Volume 153. Biographical Memoirs of Fellows, VII. Páxinas 147-170.
  5. Ficha do autor. Biblioteca Nacional de Francia.
  6. Bland, Roger. "Robert Carson. British Museum curator and leading expert on Roman coins". Obituario en Independent, 3 de abril de 2006.
  7. "Carson, R.A.G. (1918-2006)". En IdRef. Identifants et Référentiels pour l'énseinement supérieur et la recherche.
  8. "Carson, R. A. G. (Robert Andrew Glendinning) 1918-2006". En OCLN. WorldCat Identities.
  9. "Robert A G Carson". En Archaeology Data Service.
  10. "History of the Society". The Royal Numismatic Society. Contén acceso ao texto íntegro do traballo de Carson
  11. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  12. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  13. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique.
  14. "Recipients of the Huntington Medal Award". No sitio web da American Numismatic Society.
  15. "Robert Carson". Obituario en The Telegraph. 7 de abril de 2006.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Colin M. Kraay
 
Presidente da Royal Numismatic Society

1974 - 1979
Sucesor:
David Grenville Sellwood