Robert Broom, nado o de 30 de novembro de 1866 en Paisely, no antigo condado de Renfrewshire (Escocia) e finado o 6 de abril de 1951 en Pretoria (Suráfrica), foi un médico e paleontólogo surafricano de orixe escocesa.

Infotaula de personaRobert Broom

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1866 Editar o valor em Wikidata
Paisley, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte6 de abril de 1951 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Pretoria, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Glasgow Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPaleontoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpaleontólogo , médico , profesor universitario , paleoantropólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Stellenbosch (pt) Traducir
Iziko South African Museum (en) Traducir
Ditsong National Museum of Natural History (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBroom Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Broom-890

Traxectoria editar

Graduado como médico en 1895 acadou o doutoramento en 1905 na Universidade de Glasgow.

En 1897 aséntase en Suráfrica, sendo múltiplos os seus principais intereses (foi antropólogo, paleontólogo, arqueólogo, prehistoriador, escritor, médico, paleoantropólogo e profesor de universidade).

En Suráfrica comezou a estudar os réptiles fósiles antecesores dos mamíferos, pero despois da descuberta do neno de Taung por Raymond Dart interesouse pola paleoantropoloxía.

En 1934 comezou a traballar no Museo do Transvaal en Pretoria. A partir de 1936 fixo descubrimentos espectaculares, entre eles fragmentos de seis homínidos en Sterkfontein, posteriormente clasificados como australopitecos adultos, así como máis descubrimentos en Kromdraai e Swartkrans. En 1937, Broom fixo o seu máis famoso descubrimento, o Australopithecus robustus. Eses descubrimentos apoiaron as teorías de Dart.

Principais publicacións editar

Artigos en revistas editar

Entre os centos de artigos publicados en revistas científicas os máis importantes son:

  • "Fossil Reptiles of South Africa" en Science in South Africa (1905)
  • "Reptiles of Karroo Formation" en Geology of Cape Colony (1909)
  • "Development and Morphology of the Marsupial Shoulder Girdle" en Transactions of the Royal Society of Edinburgh (1899)
  • "Comparison of Permian Reptiles of North America with Those of South Africa" en Bulletin of the American Museum of Natural History (1910)
  • "Structure of Skull in Cynodont Reptiles" en Proceedings of the Zoölogical Society (1911).

Libros editar

  • The origin of the human skeleton: an introduction to human osteology (1930)
  • The mammal-like reptiles of South Africa and the origin of mammals (1932)
  • The coming of man: was it accident or design? (1933)
  • The South African fossil ape-man: the Australopithecinae (1946)
  • Sterkfontein ape-man Plesianthropus (1949)
  • Finding the missing link (1950)

Abreviatura editar

A abreviatura Broom emprégase para recoñecer a Robert Broom como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.