Robert Bresson

director de cinema francés

Robert Bresson, nado en Bromont-Lamothe o 25 de setembro de 1901 e finado o 18 de decembro de 1999, foi un director de cinema francés. A súa influencia no cinema levou a Jean-Luc Godard a escribir que "Robert Bresson é ao cinema francés o que Dostoievski á novela rusa e Mozart á música alemá".[1]

Robert Bresson
Nome completoRobert Bresson
Nacemento25 de setembro de 1901
Lugar de nacementoBromont-Lamothe
Falecemento18 de decembro de 1999
Lugar de falecementoParís
Soterradocemiterio Droue-sur-Drouette
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Alma máterLycée Lakanal
Ocupaciónguionista, director de cinema, pintor, realizador, produtor de cinema, director de televisión e produtor de televisión
PremiosPremio Louis-Delluc, Prémio de Melhor Realizador de Cannes, Prêmio do Júri do Festival de Cannes, Sutherland Trophy, David Luchino Visconti, Prémio de Melhor Realizador de Cannes, National Society of Film Critics Award for Best Director, European Film Academy Lifetime Achievement Award e René Clair Award
Na rede
IMDB: nm0000975 Allocine: 3635 Allmovie: p82952 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pouco se sabe dos primeiros anos da súa vida, e mesmo hai dúbidas sobre o seu ano de nacemento. Fotógrafo nos seus inicios artísticos, Bresson rodou a súa primeira curtametraxe en 1934. Durante a segunda guerra mundial pasou un ano nun campo de prisioneiros, experiencia que logo utilizou en Un condamné à mort s'est échappé ou Le vent souffle où il veut.

En cincuenta anos de carreira só dirixiu trece longametraxes, nas que plasmou a súa idea dos actores-modelo: os actores eran obrigados a repetir as tomas ata que a súa interpretación quedase libre de case calquera emoción. En 1975 escribiu Notes sur le Cinématographe, un influente libro sobre teoría do cinema.

Obra editar

Notas editar

  1. "Robert Bresson", ficha en They Shoot Pictures, Don't They? (en inglés).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar