Robert Archibald

baloncestista británico

Robert Michael Archibald, nado o 29 de marzo de 1980 en Paisley e finado o 23 de xaneiro de 2020, foi un xogador de baloncesto profesional. Xogaba nas posicións de ala-pivote ou de pivote.

Robert Archibald
Información persoal
Nacemento 29 de marzo de 1980
Paisley, Reino Unido
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
Instituto Queen Anne
(Dunfermline, Scotland)
Lafayette
(Wildwood, Missouri)
Universidade Illinois (1998–2002)
NBA Draft 2002 / Rolda: 2 / Elección: 32
Por Memphis Grizzlies
Carreira 2002–2012
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2002−2003)
Phoenix Suns (2003)
Orlando Magic (2003−2004)
Toronto Raptors (2004)
Valencia (2004)
Scavolini Pesaro (2004−2005)
Joventut Badalona (2005−2007)
Azovmash Mariupol (2007−2008)
Unicaja Málaga (2008−2011)
CAI Zaragoza (2011−2012)

Traxectoria editar

Archibald foi elixido na 32ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Memphis Grizzlies, e asinou un contrato por dous anos. Tras unha tempada en Memphis, na que xogou tan só 12 partidos, Archibald foi traspasado xunto a Brevin Knight e Cezary Trybański ós Phoenix Suns a cambio de Bo Outlaw e Jake Tsakalidis.[1]

O 26 de decembro de 2003, Archibald foi traspasado ós Orlando Magic.[2] Unha semana máis tarde foi traspasado de novo, desta vez ós Toronto Raptors a cambio de Mengke Bateer e Remon van de Hare.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar