Ringo Lam
Ringo Lam, nado en Hong Kong o 8 de decembro de 1955 e finado en Ma On Shan (Hong Kong) o 29 de decembro de 2018, foi un director de cine chinés coñecido polos seus filmes de acción.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1955 Hong-Kong británico, Reino Unido |
Morte | 29 de decembro de 2018 (63 anos) Hong Kong, República Popular da China |
Causa da morte | Morte natural (Infarto agudo de miocardio ) |
Datos persoais | |
Residencia | Hong Kong |
País de nacionalidade | República Popular da China |
Educación | York University |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme |
Ocupación | director de cinema , realizador , produtor de cinema , guionista , actor |
Período de actividade | 1983 - 2018 |
Lingua | Mandarín estándar e lingua chinesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Nam Yin (en) |
|
Traxectoria editar
Traballou como axudante de produción e produtor para a televisión. En 1978 marchou para o Canadá e estudou na escola de cine de York University, Toronto. En 1981 o seu amigo Chow Yun-fat animouno para que volvese a Hong Kong e conseguiu axuda para realizar a súa primeira película, Yam yeung choh (Espírito de amor) en 1983.
En 1987 con Lung fu fong wan (Cidade de lume) conseguiu a súa obra máis celebrada que vai estar na base da película de Quetin Tarantino Reservoir Dogs.
Dirixiu a Jean Claude Van Damme en Maximum Risk (1996), Replicant (2001) e Salvaxe (2003).