Ring Fit Adventure

videoxogo de 2019 desenvolvido por Nintendo

Ring Fit Adventure (リングフィット アドベンチャー Ringu Fitto Adobenchā?) é un videoxogo de exercicio e rol de acción desenvolvido e publicado por Nintendo para a consola Nintendo Switch. O xogo vén con dous compoñentes físico: o Ring-Con, un anel de Pilates no cal encaixa un dos Joy-Con, e unha correa para as pernas, un anaco de tecido pegado á perna do usuario que suxeita o outro Joy-Con.

Ring Fit Adventure
Desenvolvedor(es)Nintendo EPD[a]
Distribuidora(s)Nintendo
Director(es)Hiroshi Matsunaga
Produtor(es)Kouichi Kawamoto
Deseñador(es)Naoya Yamamoto
Ryosuke Suzuki
Artista(s)Takafumi Kiuchi
Compositor(es)Shinji Ushiroda
Maasa Miyoshi
Shiho Fujii
Asuka Hayazaki
Lanzamento19 de outubro de 2019
Modos de xogoUn xogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Nintendo Switch
Formato(s)Videoxogo activo, xogo de rol
Na rede
IMDB: tt10952284 Youtube: UCZiIyoZjQM99VGX0yh2dhhA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A demanda do xogo aumentou drasticamente durante 2020, en gran parte debido á pandemia de COVID-19 e aos peches relacionados de ximnasios e outras instalacións de deporte, o que provocou escaseza do xogo en moitos países. Isto levou a que os retallistas estadounidenses vendesen o xogo por máis de 300 dólares, prezo moi superior ao inicial de 80 dólares.[1]

Modo de xogo editar

Ring Fit Adventure conta co Ring-Con e a correa para as pernas, nos cales encaixan os Joy-Con de Switch. Estes accesorios son necesarios para xogar, xa que as interaccións do xogador con eles son rastrexadas polo control de movemento integrado no Joy-Con.[2]

Notas editar

  1. Asistencia nos gráficos de 1-Up Studio

Referencias editar

  1. Gartenburg, Chaim (19 de marzo de 2020). "People Are Driving for Hours And Paying $300 to Buy Nintendo's Fitness Game". Vice. Consultado o 1 de maio de 2020. 
  2. Webster, Andrew (12 de setembro de 2019). "Nintendo's Ring Fit Adventure is Wii Fit meets Final Fantasy on the Switch". The Verge. Consultado o 12 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar