Richard Serra

escultor estadounidense

Richard Serra, nado en San Francisco, o 2 de novembro de 1939 e finado en Long Island no Estado de Nova York[1] debido a unha pneumonía o 26 de marzo de 2024, foi un escultor minimalista estadounidense coñecido por traballar con grandes pezas de aceiro corten (COR-TEN).[2]

Infotaula de personaRichard Serra

(2005) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1938 Editar o valor em Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo de 2024 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Orient, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale - Master of Fine Arts (en) Traducir (–1964)
Universidade de Califórnia en Santa Bárbara - grao en Artes (–1961)
Universidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
New Haven
Florencia
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , produtor de televisión , debuxante , pintor , videoartista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1970 Editar o valor em Wikidata)
Membro de
Xénero artísticoArte abstracta e Videoarte Editar o valor em Wikidata
MovementoPoema/processo (pt) Traducir e Minimalismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteGagosian Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
12 de xuño de 1987documenta 8
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNancy Graves (pt) Traducir (1965–1970), divorcio Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0962394 Allocine: 15786 Allmovie: p319192
Discogs: 1723079 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación académica editar

Estudou Literatura na Universidade de California, Berkeley, entre 1957 e 1961. Posteriormente estudou Arte na Universidade Yale. Mentres vivía na Costa Oeste, traballaba nunha aceiraría, actividade que lle influíu no seu traballo.

Primeiros traballos editar

 
Fulcrum. Escultura na rúa Liverpool de Londres. Consiste en cinco pezas de aceiro Cor-Ten duns 17 metros de alto.[3] Deyan Sudjic, director do Design Museum, chamoulle un dos "London's greatest design icons".[4][5]
 
Escultura nunha rotonda de Dillingen, Sarre, Alemaña.

Nos primeiros traballos de Serra eran completamente abstractos; feitos de chumbo fundido lanzado contra a parede dun estudo ou dun espazo da sala dunha galería ou exposición. Era un claro exemplo da Arte Procesual.

Os rolos de chumbo eran deseñados para ceder nun certo tempo.

Minimalismo e estruturas de aceiro Cor-Ten editar

Serra é máis coñecido polas súas construcións minimalistas de grandes rodelos e de follas de aceiro corten. Moitas destas pezas son autosustentábeis e acentúan o peso e a natureza dos materiais. As súas esculturas de aceiro en exteriores, levan un proceso inicial de oxidación, pero despois de 8 a 10 anos, esta cor mantense relativamente estábel.

En 1981, Serra instalou o Tilted Arc, un muro de aceiro de 3.5 metros de altura curvado lixeiramente, na Praza Federal de Nova York. Houbo unha gran polémica sobre a instalación a partir do primeiro día, en gran parte por mor a que os traballadores dos edificios lindeiros queixáronse debido a que a parede de aceiro obstruía o paso a través da praza. Unha audiencia pública en 1985 votou a favor de que o traballo fora removido, pero Serra alegou que a escultura estaba no seu sitio específico e que non se podía colocar en calquera outro. Serra publicou unha declaración famosa onde dicía: “Quitar o traballo sería destruílo.” Finalmente, o 15 de marzo de 1989, a escultura foi desmontada polos traballadores federais e desfeita posteriormente.

Outro traballo famoso é xigantesca escultura Snake, un trío de sinuosas follas de aceiro que fan forma curva. Establecido permanentemente no espazo máis grande do Museo Guggenheim de Bilbao, onde máis adiante, no 2005, montaríase unha exposición de máis traballos de Richard Serra. Non obstante, non sempre lle foi ben no circuíto da arte en España; tamén ese mesmo ano, o Centro de Arte Raíña Sofía en Madrid anunciou que unha das súas esculturas, de 38 toneladas, “se perdera”.

No ano 2000, instalou o Charlie Brown, unha escultura de 60 pés de alto localizada na nova central de Gap Inc., en San Francisco. Para acelerar a oxidación, os aspersores foron dirixidos inicialmente cara ás catro lousas feitas de aceiro que compoñen o traballo. Na Bienal de Whitney 2006, Serra mostrou simplemente un debuxo de cera dun preso de Abu Ghraib co subtítulo “STOP BUSH”. Esta imaxe foi utilizada máis adiante polo Museo Whitney para facer os carteis para a bienal.

En 2010, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.

Notas editar

  1. "Morreu escultor norte-americano Richard Serra". contacto-online (en portugués). 2024-03-27. Consultado o 2024-03-27. 
  2. "Richard Serra, um dos artistas mais importantes do século 20, morre aos 85 anos". G1 (en portugués). 2024-03-27. Consultado o 2024-03-27. 
  3. "Fulcrum". Broadgate. Arquivado dende o orixinal o 2022-11-29. Consultado o 2016-02-14. 
  4. Sudjic, Deyan (2015). London in Fifty Design Icons. Conran. pp. 66. ISBN 978-1840916928. 
  5. Sudjic, Deyan (2015-09-04). "London's greatest design icons: from Regent's Park to Brick Lane via the M25". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2016-02-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar