Richard Rorty

filósofo estadounidense

Richard McKay Rorty, nado en Nova York o 4 de outubro de 1931 e finado en Palo Alto o 8 de xuño de 2007, foi un filósofo estadounidense.

Richard Rorty
Nacemento4 de outubro de 1931
Lugar de nacementoNova York
Falecemento8 de xuño de 2007 e 8 de abril de 2007
Lugar de falecementoPalo Alto
Causacancro de páncreas
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Chicago e Universidade Yale
Ocupaciónfilósofo, pedagogo, profesor universitario e escritor
PaiJames Rorty
NaiWinifred Rauschenbusch
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Bolsa MacArthur, Meister Eckhart Prize, Wilbur Cross Medal, honorary doctorate of the Vrije Universiteit Brussel e honorary doctor of Babeș-Bolyai University
Na rede
Dialnet: 21015 WikiTree: Rorty-2
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou nas universidades de Chicago e Yale, e amosou un forte interese pola historia da filosofía e a filosofía analítica contemporánea, esta última foi o principal foco do seu traballo na Universidade de Princeton na década de 1960. Rorty tivo unha longa carreira académica, foi profesor de filosofía nas universidades de Princeton Princeton University, Virxinia, e profesor de literatura comparada na Universidade Stanford. Entre os seus libros máis coñecidos están Philosophy and the Mirror of Nature (1979) e Contingency, Irony, and Solidarity (1989).

Rorty está considerado como un dos principais representantes do pensamento pramático contemporáneo, reclamándose tamén debedor de William James, de John Dewey,de Nietzsche, Heidegger, Michel Foucault e mesmo Quine e Davidson.


 
 Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.