Richard Rodgers

compositor estadounidense

Richard Charles Rodgers, nado en Nova York o 28 de xuño de 1902 e finado na mesma cidade o 30 de decembro de 1979 foi un compositor estadounidense de máis de 900 cancións e 43 musicais de Broadway, que o converteron nun dos máis destacados compositores da música estadounidense do século XX. É coñecido polas súas composicións cos letristas Lorenz Hart e Oscar Hammerstein II. As súas composicións tiveron un impacto importante na música popular.

Infotaula de personaRichard Rodgers

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Richard Charles Rodgers Editar o valor em Wikidata
28 de xuño de 1902 Editar o valor em Wikidata
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoXudeus estadounidenses Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
DeWitt Clinton High School (en) Traducir
Townsend Harris High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , libretista , compositor de cancións , dramaturgo , guionista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMusical Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalOscar Hammerstein II
Lorenz Hart Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FillosMary Rodgers Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0006256 IBDB: 8323
Spotify: 4IbAZwt75dpehMOgcC3GnP iTunes: 11554 Musicbrainz: 346448f5-25a0-4f78-bbd6-acc0205f7513 Discogs: 255801 Allmusic: mn0000820913 WikiTree: Rodgers-4369 Find a Grave: 891 Genius: Richard-rodgers Editar o valor em Wikidata

Rodgers foi a primeira persoa en gañar os que se consideran os principais premios en televisión, música, cinema e teatro de Broadway (Emme, Grammy, Óscar e Tony), coñecidos colectivamente como EGOT. Ademais, recibiu un premio Pulitzer, logro que só conseguiron el e Marvin Hamlisch.

Traxectoria editar

Estudou na Universidade de Columbia onde coñeceu a Lorenz Hart e despois estudou composición no Instituto de Arte Musical. O seu primeiro éxito xunto a Hart foi unha revista titulada The Garrick Gaieties de 1925. A súa comedia On Your Toes de 1936 co ballet de jazz "Slaughter on Tenth Avenue", estableceu formalmente a danza como un compoñente fixo da comedia musical.

Rodgers e Hart traballaron xuntos noutras obras como Babes in Arms (1937), The Boys from Syracuse (1938) e Pal Joey (1940). Logo da morte de Hart, Rodgers colaborou co libretista Oscar Hammerstein II en obras como The Sound of Music, que foi adaptado ao cinema con Julie Andrews como protagonista. O seu musical Oklahoma!, gañador do premio Pulitzer en 1943, gozou dunha posta en escena sen precedentes en Broadway, con 2248 presentacións.

Espectáculos editar

Letras de Lorenz Hart editar

Letras de Oscar Hammerstein II editar

Outros letristas e obras en solitario editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar