Richard Erskine Frere Leakey, nado en Nairobi (Kenya) o 19 de decembro de 1944 e finado o 1 de xaneiro de 2022, foi un paleontólogo e conservacionista kenyano de orixe británica.

Richard Leakey
Nome completoRichard Erskine Frere Leakey
Nacemento19 de decembro de 1944
Lugar de nacementoNairobi
Falecemento2 de xaneiro de 2022
Lugar de falecementoNairobi
SoterradoNgong Hills
NacionalidadeKenya
EtniaPobo inglés
Relixiónateísmo
Alma máterLenana School
Ocupaciónantropólogo, paleontólogo, arqueólogo, prehistoriador, autobiógrafo, paleoantropólogo, político, conservacionista e ecoloxista
PaiLouis Leakey
NaiMary Leakey
CónxuxeMeave Leakey
FillosLouise Leakey
IrmánsPhilip Leakey e Jonathan Leakey
Premiosmembro da Royal Society, Patron’s Medal, Hubbard Medal, Fellow of the African Academy of Sciences e medalla Livingstone
Na rede
IMDB: nm2611466 Discogs: 461097 WikiTree: Leakey-110 Find a Grave: 235497909 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Leakey comezou a súa carreira seguindo os pasos dos seus pais, Louis e Mary Leakey, coa descuberta dos fósiles de homínidos na África Oriental, entre os que destaca o neno de Turkana, atopado en Koobi Fora, preto do Lago Turkana, dunha antigüidade de 1,5 millóns de anos. É o esqueleto de Homo erectus máis completo que se atopou ata o de agora. Leakey e Roger Lewin describiron este descubrimento e a súa interpretación no seu libro Origins Reconsidered (1992).

En 1989 o presidente de Kenya, Daniel Arap Moi nomeouno xefe do Kenyan Wildlife Service (KWS), en resposta ás críticas internacionais pola progresiva desaparición dos elefantes e o impacto que estaba tendo na vida salvaxe do país. Leakey creou unidades ben armadas e adestradas para loitar contra da caza ilegal, que procuraba o marfil, do elefante, que resultaron moi eficaces, pero que tamén lle ocasionou incontables inimizades con parte da poboación e políticos locais pola firmeza en aplicar a súa política e polo seu carácter incorruptible.

En 1993 Leakey perdeu ambas as pernas nun accidente de avioneta, sospeitouse que fora unha sabotaxe, pero non se puido probar, diante o anuncio do goberno kenyano de evidencias de corrupcións no KWS, Leakey dimitiu en xaneiro de 1994. Foi substituído por David Western. As súas experiencias no KWS contounas no seu libro Wildlife Wars: My Battle to Save Kenya's Elephants (2001).

En maio de 1995 Richard Leakey uniuse a un grupo de intelectuais kenyanos para lanzar un novo partido, Safina, do que foi secretario xeral e deputado dende 1997. En 1999 a insistencia internacional nomeou a Leakey secretario do gabinete e xefe do servizo civil, posto no que permaneceu ata 2001.