Richard Dawkins

biólogo e divulgador científico inglés

Clinton Richard Dawkins, nado en Nairobi en 1941, é un etólogo, biólogo evolutivo e escritor inglés.

Infotaula de personaRichard Dawkins

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(nb) Clinton Richard Dawkins Editar o valor em Wikidata
26 de marzo de 1941 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Nairobi (Quênia britânico) Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNairobi
Oxford Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford - Doutor en filosofía (–1966)
Balliol College, Oxford (pt) Traducir (–1962)
Oundle School (en) Traducir (1954–1959)
Chafyn Grove School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tese académicaSelective pecking in the domestic chick (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1966 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseNikolaas Tinbergen Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEtoloxía, Bioloxía evolutiva, zooloxía, bioloxía, religiosidade (pt) Traducir, Igrexa e evolutionary theory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo evolutivo , profesor universitario , biólogo , guionista , escritor , actor , zoólogo , autor , sociobiologist (en) Traducir , theoretical biologist (en) Traducir , etólogo , epistemólogo , escritor de ciencia , ensaísta , divulgador científico , xenetista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNew College of the Humanities (en) Traducir (2011–)
Universidade de Oxford, cátedra Simonyi para a Compreensão Pública da Ciência (pt) Traducir (1995–2008)
Universidade de Oxford, profesor de educación superior (1970–1995)
Universidade de California en Berkeley, professor assistente (pt) Traducir (1967–1969) Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoAteísmo, Secularismo e Agnosticismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresNikolaas Tinbergen Editar o valor em Wikidata
AlumnosAlan Grafen (pt) Traducir e Mark Ridley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoMark Ridley (pt) Traducir e Alan Grafen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLalla Ward (pt) Traducir (1992–)
Eve Barham (en) Traducir (1984–)
Marian Dawkins (pt) Traducir (1967–1984) Editar o valor em Wikidata
PaisClinton John Dawkins (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Jean Mary Vyvyan Ladner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webricharddawkins.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1468026 TV.com: people/richard-dawkins
Facebook: RichardDawkinsBooks Twitter: RichardDawkins Youtube: UCH_zYYXkJpULueOVZTkY4Bw TED: richard_dawkins Musicbrainz: e6747806-0dcf-4688-91a0-a5ffb4143286 Songkick: 435984 Discogs: 459604 WikiTree: Dawkins-598 Editar o valor em Wikidata

De pais británicos, a súa familia volveu desde Nairobi a Inglaterra en 1949. Educouse en Oxford e doutorouse baixo a tutela do Premio Nobel Niko Tinbergen. Dende 1967 ata 1969 foi profesor asistente na Universidade de California, Berkeley. En 1995 pasou a ocupar a cátedra "Simonyi para a Comprensión Publica da Ciencia" e fíxoo ata o 2008. Foi nomeado profesor emérito do New College, Universidade de Oxford.

Dawkins deuse a coñecer en 1976 grazas ao seu libro The Selfish Gene (O xene egoísta), que popularizou unha visión da evolución centrada nos xenes e que introduciu o concepto de meme. Co seu libro The extended phenotype (O fenotipo estendido) de 1982 introduciu na bioloxía evolutiva o feito de que os efectos fenotípicos dun xene non teñen porqué se limitar só aos individuos que os portan senón que poden ter un impacto ambiental.

Dawkins é ateo e criticou abertamente o creacionismo e o deseño intelixente. Na súa obra The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego) (1986) argumentou a analoxía do reloxeiro, que versa sobre da crenza que a existencia dun creador supernatural explicaría a complexidade biolóxica dos organismos vivos. Usando o paradigma dun reloxeiro cego, describe como os procesos evolutivos derivados da reprodución, selección e mutación non os leva a cabo nin os guía ningún "creador". Dawkins argumentou en The God Delusion (Deus, un delirio) do 2006 que case seguro que non houbo ningunha entidade creadora e que a fe na creación por unha deidade é un delirio.

Dawkins tivo o recoñecemento de múltiples institucións e universidades, recibiu premios polas súas obras e participa habitualmente na televisión, a radio e Internet. As súas aparicións nestes últimos medios de difusión adóitanse tratar como as dun intelectual que rebate o teísmo.

Obra principal editar

Libros editar

Filmes e documentais editar

  • Nice Guys Finish First (1986)
  • The Blind Watchmaker (1987)
  • Growing Up in the Universe (1991)
  • Break the Science Barrier (1996)
  • The Atheism Tapes (2004)
  • The Big Question (2005) – Parte 3 da serie televisiva "Why Are We Here?"
  • The Root of All Evil? (2006)
  • The Enemies of Reason (2007)
  • The Genius of Charles Darwin (2008)
  • Faith School Menace? (2010)
  • Beautiful Minds (abril de 2012)
  • Sex, Death and the Meaning of Life (2012)
  • The Unbelievers (2013)

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.