Richard Bach, nado en Oak Park (Illinois) o 23 de xuño de 1936, é un escritor e piloto de aviación estadounidense. A súa obra máis coñecida é Jonathan Livingston Seagull (1970), que se converteu nun best-séller e que foi levada ao cine en 1973 por Hall Bartlett.

Infotaula de personaRichard Bach

Richard Bach e Lynn Garrison con Helio Courier
Nome orixinalRichard David Bach
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1936
Oak Park, Illinois
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónCalifornia State University, Long Beach (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, Aviación e belas letras Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónoficial da forza aérea , prosista , xornalista de opinión , mecânico de manutenção de aeronaves (pt) Traducir , aviador , filósofo , military aviator (en) Traducir , aviation writer (en) Traducir , novelista , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoaviación, fantasía, filosofía
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForza Aérea dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSabryna Nelson-Alexopoulos (1999-presente)
Leslie Parrish (1977–1997) (divorciado)
Bette Jeanne Franks (1957-1970) (divorciado)
FillosJames Marcus Bach (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webrichardbach.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0045349 Musicbrainz: 1fed530e-b512-44cc-b18b-35d6ce936516 Discogs: 1083499 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É fillo de Roland Robert e Ruth Helen Shaw. Xa de neno marchou coa familia a Long Beach (California), e estudou no Long Beach State College. Graduouse na California State University como mecánico de fabricación de avións e de estacións xeradoras de enerxía.

Entre 1957 e 1962 foi piloto da USAF. Nesa época comezou a escribir artigos para revistas especializadas en aviación, converténdose en 1963 en editor da revista Flying, cargo que ocupou até 1964. Durante a súa carreira como piloto desempeñou diversos oficios asociados á aviación, como instrutor de voo, piloto de voos charter, mecánico de aviación en Iowa e piloto acrobático na Creature Enterprises Inc. En 1970 foi nomeado presidente da aeroliña Trans-creature. En 1974 actuou como piloto de espectáculos aéreos, e en 1975 foi profesor de Filosofía do Voo na Universidade de Embry Riddle.

Obra editar

Case todos os seus textos teñen relación co voo e os avións. O seu maior éxito foi Jonathan Livingston Seagull, que conta a historia dunha gaivota nova que aprende a sobrepoñerse á súas limitacións e consegue traspasar os límites naturais nunha alegoría que destaca a liberdade individual e o afán de superación. Nela é patente a paixón que o autor sente polo voo como sinónimo de liberdade e de afastamento dos problemas terreais. A novela obtivo o premio Nene.

Cando se realizou o guión para a adaptación cinematográfica, houbo cambios no argumento cos que Richard Bach non estaba de acordo, polo que demandou á produtora. Trala mediación de Leslie Parrish, con quen posteriormente casou, as dúas partes chegaron a un acordo e finalmente o proxecto saíu adiante.

Fixo un guión para unha película baseada na popular serie de ciencia ficción Star Trek, que ía titularse Star Trek: Fase II. Porén, o seu traballo foi desestimado en favor do que sería o guión definitivo, titulado Star Trek: The Film.

  • Stranger to the Ground (1963).
  • Biplane (1966).
  • Nothing by Chance (1969).
  • Jonathan Livingston Seagull (1970).
  • A Gift of Wings (1974).
  • There's No Such Place as Far Away (1976).
  • Illusions: The Adventures of a Reluctant Messiah (1977).
  • The Bridge Across Forever: A Love Story (1984).
  • One (1988).
  • Running from Safety (1995).
  • Out of my Mind (2000).
  • Messiah's Handbook: Reminders for the Advanced Soul (2004).
  • Curious Lives: Adventures from the Ferret Chronicles (2005).
  • Thank your Wicked Parents (2012).