Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán

A Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán (RAMM) é unha rexión antiga de Filipinas, a única do país que tivo o seu propio goberno.

Situación da RAMM en Filipinas.

Foi creada o 1 de agosto de 1989.[1]

Está formada por cinco provincias: Basilán, Lanao do Sur, Maguindanao, Sulu e Tawi-Tawi. Mediante o decreto nº 36, Basilán trasladouse desde a Rexión IX e Marawi desde a Rexión XII.

O goberno rexional está en Cotabato, aínda que esta cidade forma parte da Rexión XII. Ten unha extensión de 26 974 km² e unha poboación de 4 120 795 habitantes (censo de 2007).

Os idiomas falados na rexión son o banguinguí, maguindanaó, maranao e suluano.

Provincias editar

 
Mapa da RAMM.
Provincia Capital Poboación
(2000)
Superficie
(km²)
Densidade de poboación
(hab/km²)
Basilán[Nota 1] Isabela[Nota 2] 408 520 1 994,1 204,9
Lanao do Sur Marawi 1 138 544 12 051,9 94,5
Maguindanao[Nota 3] Shariff Aguak 1 273 715 7 142 178,3
Sulu Joló 849 670 2 135,3 397,9
Tawi-Tawi Bongao 450 346 3 426,6 131,4
  1. O cadro exclúe Isabela.
  2. Parte da rexión da Península de Zamboanga.
  3. O cadro exclúe Cotabato. Inclúe Shariff Kabunsuan.

Historia editar

Os musulmáns de Mindanao, cuxo nome colectivo é Bangasamoro, loitaron moito tempo para conseguiren o seu autogoberno baixo a lei e a cultura islámica. Este obxectivo logrouse o 1 de agosto de 1989 coa aprobación da Lei da República Nº 6.734.[1]

"...Os habitantes da Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán, implorando a axuda de Deus Todopoderoso, co fin de desenvolver unha sociedade xusta e humana e establecermos un Goberno Rexional Autónomo que é realmente un reflexo dos seus ideais e aspiracións no marco da Constitución e da soberanía nacional, así como a integridade territorial da República de Filipinas, e para asegurar a si mesmos e á súa posteridade as bendicións da autonomía, a democracia, a paz, a xustiza e a igualdade, ordenamos e promulgamos esta Lei Orgánica no Congreso de Filipinas..."
Preámbulo da Republic Act Nº 6734

A Rexión Autónoma Musulmá de Mindanao componse das provincias e cidades cuxo voto foi favorábel no plebiscito convocado a este efecto.[2] Foron as provincias de Basilán, Cotabato, Davao do Sur, Lanao do Norte, Lanao do Sur, Maguindanao, Paragua, Cotabato do Sur, Sultan Kudarat, Sulu, Tawi-Tawi, Zamboanga do Norte e Zamboanga del Sur, así como as cidades de Cotabato, Dapitan, Dipolog, General Santos, Iligan, Marawi, Pagadian, Puerto Princesa e Zamboanga.

O 28 de agosto de 2006 a Asemblea desta Rexión Autónoma, dentro do seu ámbito competencial que comprende a creación de novas provincias decidiu crear unha nova, denominada Provincia do Xerife Kabunsuan e composta polos oito municipios do primeiro distrito de Maguindanao.[3]

Estes pobos, que agora se denominan colectivamente "Bangasamoro" querían dar forma ao seu propio destino.

Competencias editar

A Comunidade Autónoma do Mindanao Musulmán, parte integral e inseparábel do territorio nacional da República de Filipinas, está rexida e administrada de acordo coa súa Lei Orgánica.

O Goberno Rexional resolverá os posibles conflitos por medios pacíficos, renunciando ao emprego de calquera forma de violencia. As cidades altamente urbanizadas incluídas na Rexión Autónoma continuarán rexéndose polos seus estatutos, de modo que esta lei non pode diminuír os poderes e funcións dos que xa dispoñían.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Lei de creación da RAMM.
  2. De conformidade coa Sección 18, Artigo X da Constitución.
  3. No artigo 19, o artigo VI da AR 9054.
  4. Republic Act Nº 6734: ARTICLE III Principios reitores e Políticas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar