Revista científica

Unha revista científica e un medio de comunicación escrito no que os investigadores e científicos poden publicar periodicamente os seus traballos e investigacións, xunto co desenvolvemento das mesmas, para dalas a coñecer ó resto da xente e a outros científicos. Estes artigos publicados teñen unha gran diversidade de temas, pero sempre referentes a aspectos científicos.

Antes de ser publicados, tódolos artigos pasan un control e revisión dun panel de expertos que determinan se reúne uns mínimos de calidade e validez científica, e deciden se o artigo se publica ou non.

Poden ser de tipo divulgativo, dirixidas ó público en xeral, como Muy interesante, Quo, Conocer etc., ou netamente científica como Mundo científico, Nature, Science, Revista de Occidente etc., e mesmo hainas moi especializadas. Nature e Science foron premiadas en 2007 co premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades por impulsar e difundi-las grandes conquistas científicas da Humanidade, achegando deste xeito a ciencia á vida.

Normalmente este tipo de revistas publícanse cunha periodicidade semanal ou mensual e as máis importantes teñen a súa propia páxina en Internet.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar