Retablo de Monforte

pintura de Hugo van der Goes

O Retablo de Monforte é unha Adoración dos Reis de Hugo van der Goes, pintor flamengo do século XV.

Retablo de Monforte
ArtistaHugo van der Goes
Datac. 1470
Técnicaóleo sobre táboa
Dimensións147 cm × 242 cm
LocalizaciónGemäldegalerie[1] (Berlín)

Historia do cadro editar

O retablo estivo no colexio da nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos ata 1913. A pesar da subscrición popular para que non saíse de España,[2] ese ano Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta, Presidente do Consello de Ministros de España, autorizou a venda ó Kaiser Friedrich Museum de Berlín por 1.262.800 pesetas.[3]

Castelao viaxa a Alemaña en 1921. Visitando museos en Berlín, o 21 de agosto, fronte ó cadro da Adoración dos Magos, escribe:

Ó pasar dediante do Van der Goes de Monforte sentín verdadeiro estremecemento. ¡Viva España! din sempre os españolistas, pero todos iles non son homes pra castiga-la súa bulsa polo honor disa España que tanto louban, e deixan saír de España unha xoia semellante[4]

No bombardeo de Berlín de 1945 salvouse casualmente.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar