A resistividade é a resistencia eléctrica específica dun determinado material. Desígnase pola letra grega rho minúscula (ρ) e mídese en ohmios metro (Ω•m).[1]

onde é a resistencia en ohms, a sección transversal en m² e a lonxitude en m. O seu valor describe o comportamento dun material fronte ao paso de corrente eléctrica: un valor alto de resistividade indica que o material é mal condutor, mentres que un valor baixo indica que é un bo condutor.

Como exemplo, un material de 1 m de longo por 1 m de ancho por 1 m de altura que teña 1 Ω de resistencia terá unha resistividade (resistencia específica, coeficiente de resistividade) de 1 Ω•m .[2]

Xeralmente a resistividade dos metais aumenta coa temperatura, mentres que a resistividade dos semicondutores diminúe ante o aumento da temperatura.

Táboa de resistividades dalgúns materiais editar

Material Resistividade
(en 20 °C-25 °C)
(Ω·m)
Prata[3] 1,59 x 10−8
Cobre[4] 1,71 x 10−8
Ouro[5] 2,35 x 10−8
Aluminio[6] 2,82 x 10−8
Volframio[7] 5,65 x 10−8
Níquel[8] 6,40 x 10−8
Ferro[9] 9,71 x 10−8
Platino[10] 10,60 x 10−8
Estaño[11] 11,50 x 10−8
Aceiro inoxidábel 301[12] 72,00 x 10−8
Grafito[13] 60,00 x 10−8

Exemplo de conversión de: ( Ω·mm²/m ) a → ( Ω·m ): A resistividade do cobre é 0,017 Ω·mm²/m e para converter mm² a m² multiplícase por 10−6obtendo 0,017x10−6Ω·m²/m que é igual a 1.7x10−8Ω.m

A conversión de Ω·mm²/m a Ω·m resulta de multiplicar a unidade inicial por 1x10−6 pasando de Ω·mm²/m a Ω·m²/m (Ω·m) e é a simplificación do índice de resistividade para un material de 1 m de longo por 1 m² de sección transversal ou ben, de 1 m³.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar